Fangataufa é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Tureia, pero foi cedido pola Asemblea Territorial ao Centro de Experimentación do Pacífico, xunto co atol Mururoa, para que se fixesen probas nucleares. Está situado ao sueste do arquipélago, a 40 km ao sueste de Mururoa.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaAtol Fangataufa
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 22°15′S 138°45′O
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Tureia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2017) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Pechar

Xeografía

O atol ten forma rectangular, de 8,5 km de longo e 7,5 km de ancho, cunha superficie total de 45 km². Orixinalmente non tiña ningún paso cara á lagoa interior, pero as forzas armadas francesas voaron 400 metros de escollos para abrir un paso que facilitase o programa de probas nucleares. É unha zona militar con acceso prohibido sen autorización.

Historia

Fangataufa foi descuberto en 1826, polo inglés Frederick Beechey que o chamou Cockburn. Vinculouse a Polinesia Francesa en 1881. Foi habitado durante o século XX por recolectores de copra. En 1964 foi cedido para ser utilizado como branco de tiro no programa nuclear francés. Entre o 1966 e 1996 fixéronse cinco explosións nucleares atmosféricas e 10 subterráneas a unha profundidade de entre 500 e 700 metros baixo a lagoa.

A illa agora deshabitada polos seres humanos é obxecto desde 1998, dun control radiolóxico cunha campaña anual de mostraxe do medio ambiente levada a cabo por persoal do departamento de defensa francés, a Comisión da Enerxía Atómica (CEA) e os polinesios.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.