Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mundo Obrero é unha publicación do Partido Comunista de España (PCE), que comezou a publicarse o 23 de agosto de 1930.
Mundo Obrero | |
---|---|
Exemplar de Mundo Obrero do 9 de marzo de 1933 | |
Tipo | Órgano de expresión política |
Fundación | 23 de agosto de 1930 |
Propietario | PCE |
Director | Ginés Fernández |
Lingua | Castelán |
Localidade | Madrid, España |
Tiraxe | Mensual |
Descrito por | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Na rede | |
http://www.mundoobrero.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Comeza a publicarse o 23 de agosto de 1930, aínda que outras fontes citan como data de fundación o 14 de novembro de 1931.[1] Nos seus comezos estaba dirixido polo xornalista peruano César Falcón, e financiado pola Unión Soviética.
Durante a maior parte da Segunda República e a Guerra Civil publicouse como diario, alcanzando unha gran difusión. Tras contender seguiu publicándose no exilio e algúns exemplares foron elaborados de forma clandestina nos cárceres e agrupacións guerrilleiras, converténdose nunha valiosa ferramenta das actividades comunistas, claves na oposición ao franquismo.
Hoxe en día é o órgano de comunicación máis importante do PCE. Despois de renovar o seu formato no 2008, a publicación continúa difundíndose dende o PCE e inclúe artigos e informes de actualidade social e política, entrevistas, expedientes, encontros de debate, actos, comentarios de libros e medios audiovisuais, e información da labor que desenvolven os comunistas en España e no mundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.