bufo pequeno que vive en bosques mestos da zona Paleártica From Wikipedia, the free encyclopedia
O moucho de Tengmalm (Aegolius funereus) e un bufo pequeno que vive en bosques mestos da zona Paleártica, con só tres parentes próximos que habitan en América
Moucho de Tengmalm | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Illa Amherst, Ontario, Canadá | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Aegolius funereus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución do A. funereus | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
7 | |||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||
Nyctala tengmalmi |
A lonxitude do corpo desta especie é de 24 a 26 cm, aproximadamente a do moucho común. A envergadura das ás vai de 53 a 60 cm. Os sexos son similares, por ben que a femia pode ser meirande, pero diferéncianse no peso: os machos pesan uns 115 g, as femias ata 200. É característica a cabeza grande coa cara clara enmarcada por un círculo negro. O iris dos ollos é amarelo brillante. Debaixo dos ollos, a ámbolos dous lados do bico, ten un debuxo negro en forma de lista. A plumaxe da zona dorsal é castaña punteada de branco. A parte inferior e gris escura con manchas de cor castaña agrisada e bandas. Os pés son curtos e brancos. Os exemplares novos son completamente de cor castaña escura, cos puntos brancos aínda pouco contrastados. As "cellas" e o "bigote" son brancos.
O canto do moucho de Tengmalm é moi característico e recorda o son dunha ocarina. Pódese escoitar en boas condicións de tempo ata a 2.000 metros de distancia. A parte do canto típico emite diferentes tipos de chamadas e, máis ó raro, fai ruídos co peteiro é batendo as ás. A súa actividade sonora comeza coa escuridade total e, cunha interrupción a media noite, pode continuar ata ó amencer. Deixase oír principalmente na parte central da época reprodutora, que, na Europa central, comprende os meses de abril e maio. De tódolos xeitos, a súa actividade sonora non é moi elevada e en presenza de inimigos desaparece case por completo. (Unha mostra da chamada territorial do macho co fondo da resposta dunha femia, pódese escoitar en: )
Atópase en gran parte da zona Holártica, nos bosques de coníferas de Asia, Europa e América. Máis ó sur aparecen algunhas poboacións, consideradas polos científicos relictas da última glaciación. En total hai sete subespecies. Seis delas viven en Eurasia e outra en Norteamérica. As subespecies diferéncianse pouco no aspecto externo; cara ó leste as marcas brancas da ave son máis definidas e, en consecuencia, a plumaxe é mais clara. O tamaño das subespecies aumenta tamén algo en xeito nordeste. A variedade americana Ae. f. richardsoni mantense escura e é moi semellante a forma tipo. A forma tipo Ae. f. funereus vive no leste de Europa ata o Ural. O norte de Asia é o hábitat de Ae. f. pallens e Ae. f. magnus. En Asia central aparece sobre todo Ae. f. sibiricus. Hai algunhas poboacións illadas xeograficamente no Cáucaso(Ae. f. caucasicus) e en Tien Shan ( Ae. f. beikianus). A zona de reprodución da variedade americana Ae. f. richardsoni vai do Atlántico ó Pacífico, e comprende unha faixa da anchura variable no centro es sur do Canadá. Nalgúns puntos alcanza polo sur os Estados Unidos e chegan a Alasca polo noroeste.
A subespecie Ae. f. funereus cría en zonas illadas de Europa central, limitadas a áreas de montaña ata ó límite do bosque alpino. A subespecie aparece tamén nos Cárpatos, nalgunhas illas boscosas dos Alpes dináricos, no norte de Grecia e nos Perineos. No nordeste de Francia, leste de Bélxica, Países Baixos, norte de Alemaña e Polonia ocupan bosques de terras baixas.
No norte de Europa a área de cría comeza no sur de Suecia e estendese nunha ampla faixa ata os montes Urais. En Finlandia acada os 70°N é continua entre os ~ 50°N e o círculo polar cara ó leste. Algunhas illas reprodutoras áchanse na Rusia central, nas montañas de Crimea e na costa turca do mar Negro, nos montes Pónticos.
Vive en bosques vellos, grandes e mestos sobre todo con abetos e faias, pero ás veces tamén con pinos. Máis raramente crían en bosques puros de faias. Aparece tamén en bosques de bidueiros e de alerces. Non é tan dependente dos abetos como se dicía. A zona de caza debe ofrecer presas abondo e ocos para face-lo niño, en especial os feitos polos petos. Precisan tamén da presenza de sitios onde agacharse polo día e superficies despexadas no chan para poder cazar.
A abundancia de depredadores coma a marta ou o bufo real obrígaos a abandonar un territorio ou impídelles establecerse nel.
Como especie boreal os puntos de máis densidade de poboación en Europa central e do sur están entre 800 e 2000 metros de altitude, por ben que en Europa central fanse cada vez máis a bosques de terras máis baixas, a menos de 200 m de altitude. No leste de Alemaña o 15% da poboación do moucho de Tengmalm cría nese tipo de bosques.
Come exclusivamente animais. A parte fundamental da súa alimentación son mamíferos pequenos, sobre todo roedores, pero tamén algúns paxaros. Caza de noite, aínda que os exemplares que viven no extremo norte poden face-lo con luz, en xera len días escuros e durante a época de cría. Caza á espreita, so en raras ocasións busca ou persegue as presas voando. Detecta as vítimas polo oído e captúraas no chan. A asimetría da posición dos órganos auditivos, extrema nesta especie, facilita a detección das presas. Estas son case sempre feitas anacos antes de tragalas.
Na época de cría utilizan ocos nas árbores como despensas, nas que poden acumular cantidades notables de presas.
A fase activa empeza coa escuridade da noite e acaba antes do amencer. En Europa central fai unha pausa á media noite, non así nas zonas máis ó norte. Voa silenciosamente e en liña recta. Pasa o día oculto entre as follas, cabo do tronco da árbore na que se agacha. Ás veces ocúltase en furados nas árbores. Dorme de pé, inchando lixeiramente as plumas e encollendo o colo, posición na que pode chegar a deixarse cubrir pola neve. Ocasionalmente deixa o lugar de repouso para coida-la plumaxe e quentarse, para o que se pon nunha pola exposta ó sol e sacode as plumas.
Na época de cría os machos son territoriais, fora dela son solitarios e non teñen unha área definida de residencia. As femias desprázanse máis. mesmo na época de reprodución os membros da parella utilizan lugares de descanso separados. marcan o territorio co seu canto e deféndeno con berros de alarma e ataques finxidos. de tódolos xeitos as fronteiras territoriais son difusas e son pouco agresivos fronte a outros conxéneres.
A súa conduta de defensa perante posibles depredadores consiste en evitalos. A cor da súa plumaxe fainos difíciles de detectar cando están agachados descansando. Evitan zonas con moitos inimigos potenciais. Cando se aproxima un inimigo aperta as plumas contra o corpo e intenta mimetizarse co contorno. Se o perigo continua pode adoptar unha apostura de ameaza abrindo moito os ollos e estalicando as plumas. En casos extremos abre as plumas da cola e mesmo as ás.
Seguindo os costumes das estrixiformes non limpan os niños nin lles poñen ningún material para amolecelos. Utiliza en xeral niños de peto negro, pero tamén caixas de aniñar xeitosas. En Centroeuropea a estación reprodutora comeza a mediados de marzo. A cantidade de ovos da niñada depende moito da abundancia de presas: poñen entre dous e sete ovos, nalgún caso excepcional observáronse niños con nove ou máis. Os pitos deixan o niño cando teñen ó redor de 33 días de idade, pero son alimentados aínda polo menos tres semanas. Coa chegada do outono a familia desmémbrase e os mouchos novos dispérsanse.
Normalmente crían unha vez ó ano, pero poden facer unha segunda posta se perden a primeira ou se teñen comida abundante, Non é raro que a femia abandone os fillos que xa poden alimentarse sós para formar unha nova parella e volver a criar. Nestes casos o macho ocúpase de acabar a crianza dos fillos. Aínda que as parellas ás veces non duran nin o que dura a estación de cría, coñécense algúns casos de animais que se emparellan repetidas veces.
As poboacións do norte de Europa teñen tendencia a desprazarse estacionalmente de acordo coa abundancia de presas. Noutras zonas do continente son sedentarios, aínda que os machos son máis fieis o seu territorio cás femias que teñen máis tendencia a cambiar de zona, mesmo durante a época de cría.
En Europa central ampliou a súa área de cría nos últimos decenios do século XX, favorecido polas normas de protección e, se cadra, polo clima máis morno. Non é, porén, doado calcular os seus números exactos, debido á dificultade para detectalo, entre outras causas pola súa baixa actividade sonora. Fóra de Europa o seu status é descoñecido.
Recibiu o seu nome do naturalista sueco Peter Gustaf Tengmalm. O nome científico aegolius (forma latinizada da palabra grega aigoliós) foi utilizado xa nas cartas de Plinio (10,165). O nome que identifica á especie, funereus pode traducirse por dos enterros ou por de mal agoiro, e segue a crenza popular de que os mouchos anuncian a proximidade dunha morte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.