filme de 2018 dirixido por Mamoru Hosoda From Wikipedia, the free encyclopedia
Mirai[13] (未来のミライ Mirai no Mirai?, [1] literalmente Mirai do futuro[14]), tamén titulado Mirai, a miña irmá pequena na versión subtitulada ao galego,[15] é un filme xaponés de 2018 de animación e fantasía escrito e dirixido por Mamoru Hosoda e producido por Studio Chizu.[11] Estreouse o 16 de maio de 2018 no Directors' Fortnight[8] e estreouse no Xapón o 20 de xullo de 2018.[16] Conta coas voces orixinais de Moka Kamishiraishi, Haru Kuroki, Gen Hoshino, Kumiko Aso, Mitsuo Yoshihara, Yoshiko Miyazaki, Koji Yakusho e Masaharu Fukuyama.[5][6][7]
Mirai | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mirai no Mirai 未来のミライ |
Director | Mamoru Hosoda[1] |
Produtor | |
Guión | Mamoru Hosoda[1] |
Intérpretes |
|
Música | Masakatsu Takagi[1] |
Montaxe | Shigeru Nishiyama[1] |
Estudio | Studio Chizu[1] |
Distribuidora | Toho[1] |
Estrea | Directors' Fortnight: 16 de maio de 2018[8] 20 de xullo de 2018[9] 15 de marzo de 2019 (NUMAX, subtitulada) 2 de febreiro de 2024 (Xabarín Club, dobrada) |
Duración | 98 minutos[9][10] |
Orixe | Xapón[11] |
Xénero | Animación[11] |
Recadación | 28,1 millóns de dólares[12] |
Na rede | |
http://mirai-no-mirai.jp/ e https://gkids.com/films/mirai/ | |
|
Estreouse subtitulado en galego o 15 de marzo de 2019 en NUMAX (Santiago de Compostela).[17] Foi subtitulado ao galego coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Estreouse dobrado en galego na plataforma do Xabarín o 2 de febreiro de 2024.[18]
Kun, de catro anos, deixa de ser o centro de atención dos pais cando nace a súa irmá Mirai. Frustrado e medio molesto, empeza a experimentar situacións na casa que nunca antes vivira. De súpeto, as cousas mudan como por cousa de maxia cando a versión adolescente da súa irmá viaxa no tempo desde o futuro para vivir xunto a Kun unha aventura extraordinaria alén do imaxinable. [13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.