From Wikipedia, the free encyclopedia
Minisat 01 foi un satélite artificial do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial usado para facer diversos experimentos no espazo. Tratábase do primeiro lanzamento do Programa de Pequenos Satélites (Minisat), un programa espacial desenvolvido polo goberno español. Foi lanzado o 21 de abril de 1997 desde as Illas Canarias mediante un foguete Pegasus XL aerotransportado.[1][3]
Minisat 01 | |
---|---|
Parche da misión Minisat 01 | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico. |
Organización | Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial[1] |
Data de lanzamento | 21 de abril de 1997[2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus XL[1][3] |
Sitio de lanzamento | Illas Canarias[3][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[3][5] |
Decaemento | 26 de febreiro de 2002[2] |
NSSDC ID | 1997-018A |
Masa | 200 kg[1][3][5] |
Minisat 01 foi un satélite español adicado á experimentación no espazo que foi lanzado desde un foguete aerotransportado Pegasus XL xunto co satélite funerario Celestis. Foi inxectado nunha órbita inicial de 566 km de perixeo e 585 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 150,97 graos e un período orbital de 96,1969 minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]
O satélite foi construído por Construcciones Aeronáuticas S.A. e estaba estabilizado nos tres eixos. Levaba catro paneis solares despregables capaces de proporcionar cada un ata 45 vatios de potencia. O sistema eléctrico da nave funcionaba con 28 voltios e necesitaba unha media de 60 vatios de potencia. A capacidade de almacenamento de datos interna era de 32 Mbytes e a transmisión con terra realizábase en banda S, cunha velocidade de ata 1 Mbps. Reentrou na atmosfera o 26 de febreiro de 2002.[1][2]
Minisat 01 levaba tres experimentos a bordo:[1][3][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.