From Wikipedia, the free encyclopedia
Milk Music é unha banda de punk rock estadounidense procdente de Olympia, Washington.[1] O grupo está formado por Alex Coxen (voces, guitarra) Joe Rutter (batería), Charles Waring (guitarra) e Dave Harris (baixo).
Milk Music | |
---|---|
Orixe | Olympia, Washington, |
Período | 2008-presente |
Xénero(s) | punk rock, indie rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Fat Possum, Perennial |
Membros | Alex Coxen Joe Rutter Charles Waring Dave Harris |
Na rede | |
http://milkmusic.us/ | |
O primeiro lanzamento da banda foi unha cinta demo autoeditada, da cal só se fixeron 500 copias. O casete foi publicado independentemente en 2009.[2] A este seguíronlle en 2010 o EP Beyond Living, editado en parte independentemente e en parte por Perrenial Records; en 2011 o sinxelo compartido "Violence Now" editado en flexi-disc por Perrenial e que contaba co tema "White Light" de Carrie Keith (do grupo Gun Outfit) como cara b; e en 2012 o casete Almost Live que contaba cunha actuación de Brian Turner na radio WFMU, editado independentemente.[3][4] O primeiro álbum do grupo, Cruise Your Illusion, publicouse o 12 de abril de 2013.[3][5][6][7]
Na primavera de 2013 Milk Music xirou por Norteamérica con Merchandise e Destruction Unit.[8] A banda tamén actuou no Pitchfork Music Festival e no Primavera Sound no ano 2012.[9]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Cruise Your Illusion | 2013 | Fat Possum Records |
Mystic 100's | 2017 | Dom America |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.