Mike Taylor

piloto de automobilismo inglés From Wikipedia, the free encyclopedia

Michael Taylor, nado en Londres o 24 de abril de 1934 e finado o 4 de abril de 2017, foi un piloto de carreiras inglés.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Mike Taylor
Nome orixinal(en) Michael Taylor
Biografía
Nacemento24 de abril de 1934
Londres, Reino Unido
Morte4 de abril de 2017 (82 anos)
EducaciónUniversidade de Míchigan
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de carreiras
Deporteautomobilismo
Participou en
24 Horas de Le Mans
Pechar

Traxectoria

Participou en dous Grandes Premios do Fórmula 1, debutando o 18 de xullo de 1959. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.

A súa andaina nas carreiras rematou cando a soldadura da súa columna de dirección fallou no seu Lotus 18 no Gran Premio de Bélxica de 1960 a 260 km/h. Saíu expulsado do coche, cortou unha árbore co seu corpo e rompeu varios ósos (Alan Stacey e Chris Bristow morreron e Stirling Moss tamén resultou ferido no evento, estrelando o seu Lotus 18 na práctica). Quedou paralizado,[1][2] pero despois dunha terapia recuperou a capacidade de andar.[1]

Por mor da falla do seu coche Taylor demandou a Lotus con éxito, unha das poucas accións exitosas contra un fabricante dun coche de carreiras.[3]

Despois do seu accidente, Taylor competiu de forma esporádica en rallies de longa distancia, terminando en terceiro lugar no London-Sydney Marathon en 1977 nun Citroën CX con Paddy Hopkirk e Bob Riley. Taylor tamén tivo negocios na especulación inmobiliaria.[3] Morreu o 4 de abril de 2017 logo dunha batalla contra o cancro.[4]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Points
1959 Alan Brown Equipe Cooper T45 F2 Climax 4 en liña MON 500 NED FRA GBR
Ret
ALE POR ITA USA NC 0
1960 Taylor-Crawley Racing Team Lotus 18 Climax 4 en liña ARX MON 500 NED BEL
NTS
FRA GBR POR ITA USA NC 0
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.