Mija Martina, nada en Mostar o 26 de abril de 1984, é unha cantante e presentadora bosníaca, coñecida por representar o seu país no Festival de Eurovisión en 2003 coa canción "Ne Brini" (en galego: "Non te preocupes").
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1985 (39 anos) Mostar, Bosnia e Hercegovina |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2001 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2003 | Festival de Eurovisión 2003 |
Traxectoria
Mija comezou a cantar con tres anos, cando gañou un concurso infantil da canción na Bosnia e Hercegovina e foi considerada unha futura estrela da música no seu país. Pronto comezou a ser habitúal nos concursos musicais do seu país, ata que apareceu por primeira vez con dezaseis anos nun certame de música profesional de Saraxevo.
Con dezanove anos foi elixida para representar a Bosnia e Hercegovina no Festival da Canción de Eurovisión 2003 coa canción Ne Brini. Ela xa se presentara dous veces na preselección do seu país para participar no festival, sen lograr gañar. Finalmente, o 24 de maio de 2003, representou ao seu país no Festival da Canción de Eurovisión 2003. Mija actuou en sexta posición e finalizou no posto dezaseis con 26 puntos[1], conseguindo a quinta mellor posición da historia de Bosnia e Hercegovina no Festival de Eurovisión.[2]
Tamén traballou nunha canle local de TV en Mostar como presentadora dun programa musical.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.