Miguel Pajares

From Wikipedia, the free encyclopedia

Miguel Pajares, nado en La Iglesuela (provincia de Toledo) en 1939[1] e finado en Madrid o 12 de agosto de 2014, foi un relixioso e misioneiro español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Miguel Pajares
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1939
La Iglesuela del Tiétar, España
Morte12 de agosto de 2014 (75 anos)
Hospital Carlos III, España (en)
Causa da morteÉbola
Lugar de sepulturaCiempozuelos
ResidenciaLiberia (2007–2014)
Actividade
Ocupaciónrelixioso, misioneiro
Orde relixiosaFundação São João de Deus (pt)
Pechar

Traxectoria

Foi o terceiro dunha familia de cinco irmáns.[2] Con 16 anos, en 1955, ingresou na Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus. En 1963 realizou a profesión solemne na súa orde.[1]

A súa primeira estancia en África foi na década de 1960, en Koforidua (Gana), onde pasou cinco anos. Tamén estivo destinado en Irlanda.[2] Dende 2007, Pajares vivía en Liberia, no Hospital San Xosé da súa orde, onde era director espiritual e responsable da pastoral cos enfermos.[3] Alí, durante a epidemia de ébola de 2014, contraíu dito virus ao tratar aos enfermos.

O 7 de agosto foi repatriado para ser tratado da doenza. Logo de días recibindo o ZMapp, Pajares finou o 12 de agosto de 2014, con 75 anos, converténdose no primeiro español falecido por ébola e na primeira vítima do ébola en Europa.[4]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.