Remove ads
xurista e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Herrero Rodríguez de Miñón[n. 1] , nado en Madrid o 18 de xuño de 1940, é un político e xurista español.
Fillo do catedrático de instituto e hispanista Miguel Herrero García,[1] estudou Dereito en Madrid, onde, segundo di nas súas Memorias de estío, pasou por "más estudioso que estudiante". Logo de licenciarse en 1961, doutorouse en 1965 cunha tese sobre o Dereito Constitucional xurdido trala descolonización. Completou a súa formación en Oxford, en París e en Lovaina, onde se licenciou en Filosofía en 1968. Letrado do Consello de Estado desde 1966, comezou a colaborar en prensa -Diario Ya, Diario Madrid, Informaciones-, difundindo as súas ideas sobre o que debería ser a transición á morte de Francisco Franco.[2] En 1975 casou con Cristina Jáuregui Segurola, filla de Ramón Jáuregui Epalza e M.ª Luisa Segurola Guereca.
Rodríguez de Miñón foi Secretario General Técnico do Ministerio de Xustiza, colaborando de maneira moi activa na primeira amnistía (1976), na Lei para a Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Participou na elaboración da Constitución de 1978 e ocupou o cargo de portavoz no Congreso dos deputados, tanto do partido do Goberno (UCD) como da oposición (AP). Foi deputado de UCD entre 1977 e 1981. Algúns autores sinálano como un dos artífices da «operación de acoso e derribo» contra Adolfo Suárez, que remataría coa súa coroación como xefe do grupo parlamentario da UCD.[3] Herrero de Miñón tamén tería mantido contactos con líderes políticos da oposición co obxectivo de sacar a Suárez do poder.[4][n. 2]
Abandonou UCD en febreiro de 1982, ingresando en xullo dese ano en Alianza Popular.[6][7] Foi elixido deputado de AP e do PP nos comicios de 1982, 1986 e 1989.
En 1979 foi elixido concelleiro do concello de Madrid nas eleccións municipais de abril.[8][9] En 1987 optou á Presidencia de Alianza Popular, pero foi derrotado por Antonio Hernández Mancha.
A súa dilatada carreira profesional inclúe os postos de conselleiro do Banco Exterior de España, vicepresidente da Comisión Xurídica, da Asemblea Consultiva do Consello de Europa (1979-1982) e vicepresidente da Comisión Política da Asemblea do Atlántico Norte, órgano do que formou parte de 1983 a 1993. Ademais, foi membro da Comisión Trilateral.
Militou no Partido Popular ata 2004.[10]
Estudoso do dereito constitucional e as relacións internacionais, publicado numerosos traballos, colaborou asiduamente en prensa e radio, e exerceu tamén como avogado e consultor.
Participou, entre 1998 e 2009, semanalmente na Tertulia de sabios xunto a Santiago Carrillo, exsecretario xeral do Partido Comunista de España, Ernest Lluch e Pere Portabella no programa La Ventana da Cadena SER.[11] Abandonou o programa debido ao seu nomeamento como membro permanente do Consello de Estado.
Foi membro do Tribunal Constitucional de Andorra entre 2001 e 2009, presidíndoo entre 2001 e 2003.[12]
Miguel Herrero é asiduo colaborador da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Autopresentado como «españolista de la España Grande»,[13] foi encadrado como representante dunha corrente minoritaria do nacionalismo de tipo neoforalista no espazo conservador español.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.