From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Ángel Castelo Agra, nado en Freás de Eiras (Ramirás) o 20 de abril de 1946, é un xornalista e cineasta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1946 (78 anos) Freás de Eiras, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, cineasta |
Licenciado en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Comezou no audiovisual nos anos setenta realizando curtametraxes. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou a distribuidora Rula Difusora Cultural Galega e despois a produtora Video Trama (1983). Dirixiu para Televisión Española o primeiro programa dedicado ao cine de Galicia, Do cinema galego (1984), e colaborou en diversos espazos da Televisión de Galicia. Ten exercido a docencia de medios audiovisuais na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.