From Wikipedia, the free encyclopedia
O Metro de Palma é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade balear de Palma, en Mallorca. Conta con dúas liñas operativas que conforman unha rede en forma de Y cunha lonxitude total de 15,55 km.
Metro de Palma | |||
---|---|---|---|
Tren na Estación Intermodal de Plaça d'Espanya. | |||
Información | |||
Dono | Goberno das Illas Baleares | ||
Cidade | Palma de Mallorca, España | ||
Liñas | 2 | ||
Estacións | 16 | ||
Operacións | |||
Inauguración | 25 de abril de 2007 | ||
Rede | 15,55 km | ||
Electrificación | 1500 v | ||
Vel. media | 60 km/h | ||
Vel. máxima | 100 km/h | ||
|
A rede de metro proxectouse a finais de 2004. A primeira liña empezou a funcionar o 25 de abril de 2007. Abríronse primeiro as estacións subterráneas de Plaça de Espanya (Intermodal), Jacint Verdaguer e Son Costa-Son Fortesa co único servizo do tren.
As obras do metro de Palma, que se realizaron en menos de dous anos presionadas polos prazos e as necesidades da cidade, deron lugar a certas deficiencias nas que destacaban fallas no sistema de ventilación dos túneles e na evacuación das precipitacións que son normais para a cidade.
O 23 de setembro do 2007, unha serie de choivas fortes provocaron a inundación de varias das estacións, tras o cal a liña foi clausurada indefinidamente para realizar as obras de reparación,[1] que se valoraron en 28 millóns de euros. Finalmente o metro de Palma volveu funcionar desde o 28 de xullo de 2008.[2]
En 2018 o Metro de Palma está formado por dúas liñas:
A liña 1 une as estacións de Plaça d'Espanya e a Universidade das Illas Baleares (UIB). Con dúas vías e unha lonxitude de 7,2 km, dos cales 4 son subterráneos e 3,2 en superficie, dispón de nove estacións, oito subterráneas e unha exterior. A liña deseñouse para unha velocidade máxima de 100 km/h e enlaza a estación intermodal de Plaça d'Espanya coa UIB nun tempo de 13 minutos. O estudo sinala que este traxecto tería unha duración de 5 minutos no caso de que non houbese paradas. As previsións apuntaban a que o transporte colectivo do estudantado subiría do 31 ao 43%, captando o 12% dos actuais viaxeiros de coche ou outras modalidades e o 95% da demanda total actual do autobús.
A estación intermodal ten 3 niveis, distribuídos do seguinte xeito:
Nivel 1: Distribuidor, despachos de billetes, control de accesos, instalacións de seguridade e zona de equipamentos e servizos.
Nivel 2: Estación ferroviaria coas seguintes características:
Nivel 2: Estación de autobuses:
Nivel 3:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.