From Wikipedia, the free encyclopedia
Os mesosuquios ("Mesosuchia")[1] é un nome obsoleto que se lle deu a un grupo de réptiles crocodilomorfos terrestres, semiacuáticos ou totalmente acuáticos. Exemplos son o crocodilo mariño Metriorhynchus, que tiña patas anteriores con forma de paleta, Dakosaurus andiniensis, que tiña un cranio adaptado a comer grandes réptiles mariños, e Shamosuchus, que estaba adaptado a comer moluscos e gasterópodos. Shamosuchus parecíase moito aos modernos crocodilos e tiña un parentesco próximo cos seus antepasados directos.
Mesouschia Rango fósil: Hettangiano - Eoceno (desde hai 199 a 35 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Infraordes e Familias | |||||||||||
ver texto. |
Inicialmente dividíranse os crocodilos e os seus antepasados en tres ordes, considerándose que se correspondían con tres etapas da súa evolución.[2] Os "Mesosuchia" foron situados anteriormente coa categoría de suborde dentro de Crocodylia e considerábanse os crocodilos situados cronoloxicamente en medio (meso) das outras dúas ordes. Os "primeiros" crocodilos foron situados na suborde Protosuchia; mentres que as especies existentes foron situadas na suborde Eusuchia (que significa 'verdadeiros crocodilos'). Porén, despois comprobouse que Mesosuchia se trataba dun grupo parafilético, polo que actualmente esta suborde xa non se considera válida. Foi substituída polo seu equivalente filoxenético Mesoeucrocodylia, con outra composición, que incluía os Crocodylia, e algunhas formas aliadas descubertas máis recentemente.
Os "Mesosuchia" estaban compostos polos seguintes taxons:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.