Merostomados

clase de artrópodos From Wikipedia, the free encyclopedia

Merostomados

A dos merostomados (Merostomata) é unha pequena clase de artrópodos do subfilo dos quelicerados, moi próximos aos arácnidos.

Máis información Clasificación científica, Orde ...
Pechar

O que diferencia á clase dos merostomas da clase dos arácnidos é a función do prosoma (parte anterior do corpo) e do opistosoma (parte posterior do corpo). O prosoma dos merostomas está formado por un grande escudo indiviso, e o opistosoma está constituído por varios seegmentos con apéndices birrámeos.

Todos os seus membros (na actualidade só se coñecen catro especies viventes) están comprendidos na orde dos xifosuros.

Características

Ao igual que os arácnidos, teñen un par de quelíceros xunto á boca e o corpo dividido en dúas rexións, o prosoma (cefalotórax) e o opistosoma (abdome). Porén, diferéncianse dos arácnidos pola falta de pedipalpos, que foron substituídos por outro par de patas marchadoras, polo que teñen 5 pares de patas en lugar de 4.

O opistosoma divídese, como nos escorpións, en dúas seccións, chamadas respectivamente mesosoma (ou preabdome) e metasoma (ou postabdome).

En todos os casos trátase de animais acuáticos, con branquias, aínda que algunhas especies dos extintos euriptéridos eran probabelmente anfibias.

Os únicos merostomas actuais, con moi poucas especies, son os xifosuros, coñecidos popularmente como "potas das Molucas" e "cangrexos de ferradura". A escasa representación actual do grupo non dá a medida da súa importancia no pasado.

Taxonomía

Thumb
Limulus polyphemus, segundo Haeckel.
Thumb
Anatomía dun Eurypterus.
Thumb
Un xigantostráceo.

Descrición

A clase dos merostomados foi descrita en 1866 polo xeólogo inglés Henry Woodward,[2] na súa obra Monograph of the British Fossil Crustacea, Order Merostomata.

O termo foi utilizado orixinalmente por James Dwight Dana para referirse só aos Xiphosura, pero foi emendado por Henry Woodward para comprender a ambos os grupos.

Etimoloxía

O nome Merostomata está formado polos elementos do latín científico mero- e -stomata derivados do grego antigo μηρός merós, "coxa", e στόμα stóma, "boca", facendo referencia a que etes animais teñen apéndices que son pezas bucais no seu extremo proximal, pero patas natatorias no seu extremo distal.[3][4]

Clasificación

Os merostomados clasificáronse tradicionalmente en dous grupos coa categoría de subclase: os xifosuros (Xiphosura) e os euriptéridos (Eurypterida). Estes últimos extinguíronse ao final do paleozoico.

Actualmente discútese a conveniencia de seguir reunindo estes dous grupos nunha clase, visto que os euriptéridos parecen estreitamente relacionados coa orixe dos escorpións, na base do clado dos arácnidos.[Cómpre referencia]

Xifosuros

Véxase tamén: Xifosuros e Limúlidos.

Os xifosuros inclúen só catro especies viventes,[5] sendo a máis común Limulus polyphemus, o cangrexo de ferradura, aínda que son todas moi semellantes entre si. Considéranse fósiles viventes porque evolucionaron moi pouco nos seus máis de 450 millóns de anos de existencia (aparecen por primeira vez no rexistro fósil o ordovícico inferior).[1]

Euriptéridos

Véxase tamén: Euriptéridos.

Os euriptéridos ou xigantostráceos extinguíronse ao final do paleozoico. Eran acuáticos ou anfibios, e destacan por chegar a acadar os maiores tamaños entre os artrópodos (até 2,5 m de lonxitude).[6]

Adoitan coñecerse vulgarmente co pouco afortunado nome de escorpións mariños, xa que a parte posterior do corpo recorda á dos escorpións por presentaren un metasoma máis estreito que o prosoma, pero carecían de glándula velenosa; os euriptéridos non son escorpións, nin están emparentados con eles. Coñécense máis de 300 especies fósiles.[6][7]

Clasificación actual

Segundo o ITIS, a clasificación actual dos merostomados é a seguinte:

Clase Merostomata [8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.