Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mercedes AMG High Performance Powertrains (anteriormente coñecido como Ilmor Engineering e Mercedes-Benz High Performance Engines) é un fabricante de motores da Fórmula Un, propiedade de Mercedes-Benz. A compañía proporcionou motores a Sauber durante a tempada 1994, a McLaren de 1995 a 2014 e desde 2021, Force India desde 2009 a 2018, Brawn en 2009, o Equipo de fábrica Mercedes desde 2010, Williams desde 2014, Lotus en 2015, Manor Racing en 2016, Racing Point Force India en 2018, Racing Point de 2019 a 2020 e Aston Martin desde 2021. Os seus motores gañaron dez Campionatos de Construtores e once Campionatos de Pilotos. Ademais destes construtores de Fórmula Un, a compañía actualmente fornece motores legais para estradas para o coche deportivo Mercedes-AMG ONE.
Mercedes-Benz HighPerformanceEngines | |
---|---|
Fundación | 1983 |
Matriz | Mercedes-Benz |
Localización | Brixworth, Northamptonshire, Reino Unido |
Fundador | Mario Illen, Paul Morgan |
Industria | Automóbil |
Produtos | Motores de F1 |
Na rede | |
http://www.mercedes-amg-hpp.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ilmor foi fundada polo Mario Illien e Paul Morgan en 1983, como unha compañía británica independente fabricante de motores de Fórmula Un. O nome da empresa foi tomado dos apelidos dos fundadores. Nun principio comezou a construír motores para IndyCars co diñeiro do dono do equipo de IndyCar e fabricante de chasis Roger Penske.
Daimler-Benz adquiriu 25% de Ilmor que pertenecía a Chevrolet en 1993. No ano 2002 Daimler AG aumentou a súa participación ao 55% e o nome da empresa pasou a ser Mercedes-Ilmor. En 2005 Daimler converteuse no único propietario de Ilmor e renomeou a empresa como Mercedes-Benz HighPerformanceEngines Ltd.
Ao mesmo tempo, a pequena parte da empresa dedicada a Proxectos Especiais, que desde 2003 fora contratada para deseñar e construír motores para a Indy Racing League de Honda, separáronse para converterse nunha empresa independente, propiedade de Mario Illien e Roger Penske. Esta nova empresa, que é totalmente independente de Mercedes, é coñecida como Ilmor Engineering Ltd.
En 1991 Ilmor entrou na Fórmula Un como provedor de motores do equipo Leyton House (antes March). En 1992, Leyton House cambiou de novo seu nome a March e continuou utilizando os motores Ilmor. Ilmor tamén fabricou motores para o equipo Tyrrell nese ano. Impulsado por un motor V10 Ilmor, Tyrrell anotou 8 puntos, e March 3 puntos.
Ilmor xa tiña un bo nome na F1, polo que o equipo Sauber sportscar e Mercedes-Benz que estaban planeando a súa entrada na Fórmula Un asinaron un acordo con Ilmor. Con todo, Mercedes deu un paso atrás no proxecto cos únicos motores que levaban o lema "Concept by Mercedes-Benz" e o motor chamouse oficialmente Ilmor.
Ilmor converteuse no provedor de motores de McLaren en 1995. A asociación tivo a súa primeira vitoria no Gran Premio de Australia de 1997. Mika Häkkinen logrou o campionato de pilotos en 1998 e 1999, e o equipo gañou o campionato de construtores en 1998. Despois de non gañar na tempada 2006, McLaren recuperouse e gañou o campionato de pilotos en 2008 con Lewis Hamilton.
En 2001 Paul Morgan morreu, na aterraxe do seu avión de época no aeródromo Sywell, en Northamptonshire. Isto levou a Mercedes-Benz a aumentar a súa participación financeira en Ilmor, cambiando o nome a Mercedes-Ilmor Ltd.
A nova normativa da Fórmula Un en 2014 fixo que Mercedes producira un motor V6 híbrido turboalimentado de 1,6 litros, que conta cun sistema de recuperación de enerxía cinética e un sistema de recuperación de enerxía térmica. O motor Mercedes comezou a tempada cunha clara vantaxe, cos coches con motor Mercedes anotando a maioría dos puntos.[1] Desde a introdución da nova fórmula do motor, os coches con motor Mercedes acadaron a pole position en 128 de 222 carreiras ata o Gran Premio de Singapur de 2024, e gañaron 122 de 222 carreiras durante este período.
En marzo de 2020, á consecuencia do atraso da tempada debido á pandemia de COVID-19, e colaborando coa UCL Mechanical Engineering and Institute of Healthcare Engineering, Mercedes HPP anunciou que farían aparatos respiratorios para axudar a manter os pacientes fóra as salas de coidados intensivos. Mercedes HPP creou un dispositivo nunha semana.[2][3] O primeiro día de produción, Mercedes HPP fabricou 600 dispositivos de presión positiva continua das vías respiratorias, con plans de aumentar a 1.000 dispositivos por día. Estes dispositivos producíanse en máquinas que normalmente fabricaban pistóns e turbocompresores para motores de Fórmula 1.[4] Mercedes gañaría os campionatos de pilotos e de construtores en 2020.[5]
Construtor | Temporada(s) | Total de vitorias | WCC | WDC | Primeira vitoria | Última vitoria |
---|---|---|---|---|---|---|
Sauber | 1994 | 0 | – | – | ||
McLaren | 1995–2014, 2021–2024 | 84 | 1 (1998) | 3 (1998–1999, 2008) | Gran Premio de Australia de 1997 | Gran Premio de Singapur de 2024 |
Brawn | 2009 | 8 | 1 (2009) | 1 (2009) | Gran Premio de Australia de 2009 | Gran Premio de Italia de 2009 |
Force India | 2009–2018 | 0 | – | – | ||
Mercedes[a] | 2010–2024 | 119 | 8 (2014–2021) | 7 (2014–2020) | Gran Premio da China de 2012 | Gran Premio de Bélxica de 2024 |
Williams | 2014–2024 | 0 | – | – | ||
Lotus | 2015 | 0 | – | – | ||
MRT | 2016 | 0 | – | – | ||
Racing Point Force India | 2018 | 0 | – | – | ||
Racing Point | 2019–2020 | 1 | Gran Premio de Sakhir de 2020 | Gran Premio de Sakhir de 2020 | ||
Aston Martin | 2021–2024 | 0 | – | – | ||
Total | 1994–2024 | 212 | 10 | 11 | Gran Premio de Australia de 1997 | Gran Premio de Singapur de 2024 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.