Mercado de Tampere
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mercado de Tampere (en finés Tampereen kauppahalli) é o maior mercado dos países nórdicos. Abriu as súas portas en 1901 e está situado entre as rúas Hallituskatu e Hämeenkatu, no centro da cidade de Tampere (Finlandia).[1]
Mercado de Tampere | |
---|---|
Entrada ao Mercado dende Hallituskatu. | |
Edificio | |
Localización | Hallituskatu, 10 Hämeenkatu, 19 Tampere (Finlandia) |
Coordenadas | 61°29′49″N 23°45′31″L |
Uso(s) | Mercado |
Construción | |
Inicio | 1894 |
Remate | 1899 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Reima e Raili Pietilä |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cidade de Tampere decidiu construír un mercado como resultado dun mercado inchado e sen regularizar.[2] O deseño do edificio correu a cargo do arquitecto Hjalmar Åberg. As obras de construción comezaron en 1894 e finalizaron en 1899. Foi inaugurado o 8 de xuño de 1901. A fianis da década de 1960 e principios dos anos 1970 o mercado experimentou un retroceso en canto á clientela pola aparición dos supermercados. En 1973 o goberno da provincia da Häme decidiu protexer o edificio.[1][3]
A superficie do mercado é de 2 100 m² e ten un volume de 18 500 m³.[4]
Entre os seus elementos arquitectónicos salienta o seu gran ventanal arqueado da fachada. Precisamente no exterior do edificio na rúa Hallituskatu poden verse dous caduceos, un a cada lado da porta. O caduceo é un símbolo do comercio e se encontra presente no escudo de Tampere, así como nos doutras cidades finlandesas como Jyväskylä ou Kotka.[5][6]
O mercado de Tampere conta con 174 puntos de venda e en 2013 operaban nel 39 empresas. O 40% dos negocios eran cafeterías e restaurantes.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.