Mercado Municipal de Santo Agostiño
mercado na Coruña, España From Wikipedia, the free encyclopedia
mercado na Coruña, España From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mercado Municipal de Santo Agostiño, comunmente coñecido polo seu nome en español Mercado de San Agustín, é un mercado de alimentación ou praza de abastos propiedade do Concello da Coruña. Foi construído entre 1932 e 1938 baixo deseño dos arquitectos municipais Antonio Tenreiro e Santiago Rey Pedreira sobre os terreos doutro mercado preexistente que contaba con equipamentos moito máis básicos[1].
Mercado Municipal de Santo Agostiño | |
---|---|
Fachada | |
Coordenadas | 43°22′19″N 8°23′53″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde 1898, distintos autores como Pedro Mariño e Antonio de Mesa xa aportaran tres proxectos de mercados de ferro,[2] todos rexeitados por cuestións económicas, xa que no período de entreguerras a construción do predio en ferro non era realmente viábel por mor da escaseza deste material[3]. Finalmente, a obra tomaría a mesma solución construtiva, formal e funcional do Mercado Central de Reims, obra de Maigrot e Freyssinet, de 1927. A cubrición do espazo cunha lámina de formigón parabólica, estabilizada por pequenas bóvedas transversais nos lados máis longos, sería un modelo amplamente utilizado neste tipo de construcións[1]. O cálculo da bóveda realizouno o enxeñeiro Eduardo Torroja.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.