entomólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Maximilian Rudolph Standfuss (6 de xuño de 1854, Schreiberhau – 22 de xaneiro de 1917, Zürich) foi un entomólogo xermanosuízo especializado en lepidópteros.
(1914) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1854 Szklarska Poręba (pt) |
Morte | 22 de xaneiro de 1917 (62 anos) Zürich, Suíza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza Alemaña |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Universidade de Breslau |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía |
Lugar de traballo | Zürich |
Ocupación | lepidopterólogo , profesor universitario , entomólogo |
Empregador | Universidade de Zürich ETH Zürich |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pai | Gustav Standfuss (en) |
Estudou teoloxía na Universidade de Halle e ciencias naturais na Universidade de Breslau, onde en 1879 recibiu o seu PhD (doutoramento) en zooloxía. Durante moitos anos foi o curador e posteriormente director das coleccións do museo entomolóxico do Eidgenössische Polytechnikum de Zürich. En 1892 obtivo a súa habilitación e traballou seguidamente como profesor do Politécnico e na Universidade de Zürich. En 1915 recibiu o título de catedrático. Entre 1908 e 1910 foi presidente do Naturforschenden Gesellschaft de Zürich.[1]
É lembrado principalmente polos seus experimentos de cría de bolboretas e avelaíñas en condicións artificiais; por exemplo, tomando casulos de bolboretas de Europa central e criándoas a diversas temperaturas. Descubriu que cando a temperatura era moi baixa, a bolboreta saía do casulo cunha coloración que era diferente da típica da especie centroeuropea, pero similar á de variedades de especies atopadas en climas máis fríos; cando a temperatura era alta, os mesmos casulos de Europa central producían variedades que se atopaban en rexións tropicais.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.