From Wikipedia, the free encyclopedia
O mate de coca ou té de coca (do quechua kuka mat'i) é unha infusión de follas de coca das rexións andinas de Bolivia e do Perú. A súa presenza abrangue tamén outros países andinos, como Ecuador, o norte de Chile, algunhas zonas de Colombia e todo o norte da Arxentina.
É unha bebida consumida como estimulante e tamén para curar o soroche ou mal de montaña. Posúe, amais, un valor simbólico.[1] A bebida ten efectos enerxizantes similares aos do café.
A venda e consumo das follas de coca é legal no Perú, Colombia e Bolivia, e tamén é moi común no norte da Arxentina. Nos restaurantes, ao finalizar a comida, é común ofrecer mate de coca en bolsas filtrantes para estimular a dixestión. Pode ser endulzado con azucre ou mel.
Polo xeral, utilízanse catro variedades de plantas da familia das Erythroxylaceae: [2][3]
A infusión conserva algunhas propiedades farmacolóxicas da folla de coca. A comercialización en bolsas filtrantes é legal no Perú e Bolivia, do mesmo xeito que a fariña de coca.[4]
É de cor verde amarelenta. Ten un lixeiro sabor amargo, parecido ao té verde, mais lixeiramente máis doce.
O consumo de mate de coca é común en varios países de Suramérica. Os pobos indíxenas das montañas dos Andes emprégano con fins medicinais e relixiosos.[5]
O consumo de mate de coca e o mascado das follas de coca incrementan a absorción do osíxeno no sangue. En consecuencia, axudan a combater o mal de montaña e favorecen a dixestión. Ademais, ten un efecto carminativo, é dicir, favorece a expulsión de gases do tubo dixestivo.
A fariña de coca consiste en follas de coca moídas finamente. Pode empregarse como o café nunha máquina de café, para obter unha bebida máis forte e concentrada.
Nos "Camiños do Inca" a Machu Picchu os guías ofrecen mate de coca frecuentemente en cada comida, para aliviar o mal de montaña.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.