Remove ads
actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Carrillo Moreno, nada en Toledo o 13 de outubro de 1919 e finada en Madrid o 31 de xullo de 2009,[1] foi unha actriz española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Carrillo Moreno 14 de outubro de 1919 Toledo, España |
Morte | 31 de xullo de 2009 (89 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Alzhéimer |
Outros nomes | Mary Carrillo |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1936 - 2002 |
Familia | |
Fillos | Paloma Hurtado, Fernanda Hurtado, Teresa Hurtado |
Premios | |
| |
Considerada unha das grandes actrices da escena española do século XX, debutou en 1936 na compañía de Hortensia Gelabert, coa obra El juramento de la primorosa e posteriormente traballou na de Pepita Díaz e Manuel Collado (con quen interpretou Nuestra Natacha). Ao inicio da guerra civil marchou a México e estreou Prohibido suicidarse en primavera coa Compañía Díaz-Collado. Alí casou, con apenas dezasete anos, co actor Diego Hurtado Álvarez no Teatro Nacional de La Habana apadriñada por Alejandro Casona.[2][3]
De regreso a España, retomou a súa carreira teatral e realizou o filme Marianela (1940), de Benito Perojo, inspirado na novela homónima de Benito Pérez Galdós. Tras rodar outras tres longametraxes, apartouse da gran pantalla ata 1958.
No teatro, incorporouse primeiro á compañía de María Bassó e Nicolás Navarro e nos primeiros anos cincuenta entrou na Compañía Lope de Vega, dirixida por José Tamayo, onde interpretou algunhas das obras máis importantes do teatro español do Século de Ouro e outros títulos do teatro universal. Con La vida es sueño, viaxou a París e participou no I Festival de Teatro das Nacións (1954) e conseguiu o premio á mellor interpretación. Ese mesmo ano propuxo a Tamayo un texto que localizara Diego Hurtado, La Alondra, de Jean Anouilh. Tamén interpretó La florista de la reina, La santa hermandad e La santa virreina. Finalmente, en 1948 formou a súa propia compañía. Foi a actriz fetiche do director José Tamayo e do autor Antonio Gala. A súa calidade sobre o escenario demostrouna o feito de que Edward Albee, autor de Who's Afraid of Virginia Woolf?, cando a viu actuar en España xunto a Enrique Diosdado e dirixida por José Osuna quedou tan admirado que tratou de convencer a Metro de que a contratase para o filme, no papel que finalmente obtivo Elizabeth Taylor.[1]
En 1958 volveu ao cinema con El pisito, de Marco Ferreri. Nos anos seguintes sucedéronse unha serie de títulos notables, en que despregou a súa capacidade artística especialmente en rexistros dramáticos (El crimen de Cuenca, La colmena, Los santos inocentes), mais tamén en comedias (Entre tinieblas).
En 1982 triunfou con La enemiga, de Dario Niccodemi. Aos 81 anos escribiu as súas memorias (Sobre la vida y el escenario). Recibiu o Premio Nacional de Teatro en dúas ocasións (1949 e 1961), dúas medallas do Círculo de Escritores Cinematógraficos (mellor actriz por El pisito en 1959[4] e mellor actriz secundaria por La colmena en 1982[5]), o premio Ondas en 1969 como mellor actriz de televisión, o premio Goya á mellor actriz secundaria en 1995 por Más allá del jardín e o premio dea Unión de Actores en 1995 pola súa traxectoria profesional.
A súa última aparición sobre o escenario foi unha representación de Hora de visita, de José Luis Alonso de Santos. Retirada do teatro desde 1995, faleceu o 31 de xullo de 2009.[1] Nos últimos anos da súa vida padeceu a enfermidade de Alzheimer.
Mary Carrillo tivo catro fillas con Diego Hurtado, entre elas as actrices e humoristas Paloma, Teresa e Fernanda Hurtado, coñecidas artisticamente como as Irmás Hurtado.[1] A máis vella das súas fillas, Alicia, non se dedicou ao medio artístico e traballou na sección de mantemento de avións da compañía Spantax.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.