política española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Virtudes Monteserín Rodríguez, coñecida como Mariví Monteserín, naceu o 19 de maio de 1959 en Boal (Asturias). É deputada do Partido Socialista Obreiro Español no Congreso de Deputados dende 2004 e formou parte da VIII, IX e X lexislaturas.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1959 (65 anos) Boal, España |
Mayor of Avilés (en) | |
2015 – ← Pilar Varela (en) | |
Deputada de España | |
7 de decembro de 2011 – 22 de xuño de 2015 – Rosa María Cañizares Cabezas → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
29 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
A súa primeira responsabilidade política foi como concelleira socialista no Concello de Avilés en 1983 corporación á que pertenceu durante 16 anos, até 1999.[2] Tamén foi tenente de alcalde deste concello entre 1988 e 1995.
No 2000 concorreu ás eleccións na candidatura socialista ó Senado pero non resultou elixida.[3]
No 2004 é elixida deputada por Asturias e participa na tramitación da Lei Integral contra a Violencia de xénero que defende como voceira do Grupo Parlamentario Socialista en materia de Igualdade no Pleno do Congreso o día da súa aprobación o 22 de decembro de 2004 e da Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes aprobada en marzo de 2007.[4] En marzo de 2008 pasa a formar parte da cúpula directiva do PSOE no Congreso de Deputados ó ser nomeada voceira adxunta do PSOE no Congreso, ás ordes de José Antonio Alonso Suárez e Ramón Jáuregui.[5]
Na X Lexislatura iniciada en 2011, Monteserín asume a portavocía do PSOE da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.[6]
En outubro de 2014 gañou as primarias do PSOE en Avilés como candidata en substitución da antiga alcaldesa, Pilar Varela, quen decidiu non repetir á fronte do cartel socialista na cidade.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.