actriz de cine vanuatiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Marie Wawa, nada na vila de Yakel na illa de Tanna, provincia de Tafea, é unha actriz de cinema vanuatiana.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Tanna, Vanuatu |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema |
En 2015 protagonizou Tanna, un filme australiano-vanuatiano[4] no que se conta a historia dunha parella que decide casar por amor, contradicindo os desexos dos seus pais.[5] O filme, que foi o primeiro enteiramente rodado en Vanuatu, gañou dous premios no Festival Internacional de Cine de Venecia[6] e tamén foi escollido como o candidato australiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios,[7][8] Wawa aparece como coprotagonista xunto con Mungau Dain.[9]
Wawa, ao igual que o resto do elenco de Tanna, non tiña experiencia previa na interpretación antes do seu casting.[1] A trama conta unha tráxica historia de amor e o filme foi rodado preto da vila de Yakel.[10] Marie Wawa foi elixida para interpretar a Wawa, unha moza que se ve forzada a casar por matrimonio concertado para selar a paz con outra tribo.[1][11] Porén, fica namorada do neto do seu xefe, interpretado por Mungau Dain.[8][11] As súas familias rexeitan a unión[12] e a parella finalmente acaba por suicidarse, ao igual que aconteceu nos anos 1980 na historia real dunha parella de Tanna.[12] O desenlace fatal fixo que os anciáns permitisen o matrimonio por amor.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.