From Wikipedia, the free encyclopedia
Marie Rambert, nada o 20 de febreiro de 1888 en Varsovia (actualmente en Polonia e daquela no Reino do Congreso, pertencente ao Imperio Ruso) e finada o 12 de xuño de 1982 en Londres (Reino Unido), foi unha bailarina e pedagoga de orixe polonesa naturalizada británica. Rambert exerceu unha forte influencia no ballet británico, tanto como bailarina como como pedagoga.
Marie Rambert (centro) en 1943. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1888 Varsovia, Reino do Congreso |
Morte | 12 de xuño de 1982 Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
País de nacionalidade | Polonesa Naturalizada británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Ballet, danza, Coreografía, dance education (en) e estúdio de dança (pt) |
Ocupación | Bailarina |
Profesores | Émile Jaques-Dalcroze (pt) , Sergei Diaghilev e Enrico Cecchetti |
Alumnos | Audrey Hepburn |
Familia | |
Cónxuxe | Ashley Dukes |
Pai | Yakov Ramberg |
Premios | |
Descrito pola fonte | Polish Biographical Dictionary (en) A historical dictionary of British women (en) , (p.364) |
Marie Rambert naceu en Varsovia, de nai polonesa e pai xudeu polaco. O seu nome orixinal era Cyvia Rambam. Seu pai e seus irmáns tiveron que mudar posteriormente os seus apelidos por motivos políticos. Seu pai mudouno por Ramberg, un dos seus irmáns por Rambert, e o último cambiouno polo de Warszawski. Cyvia mudou o seu nome a Myriam Ramberg, e finalmente trocouno por Marie Rambert. Nos seus últimos anos Marie foi coñecida polos seus amigos e bailaríns como Mim. Coñeceu o seu home, Ashley Dukes, un soldado retirado, nunha cea en 1917. Na súa autobiografía, Rambert declaraba "logo de catro días de encontros persoais e sete meses de correspondencia casamos o 3 de marzo de 1918."[1] O seu matrimonio durou 41 anos, ata que morreu en 1959, deixando atrás a Marie e as súas dúas fillas Angela e Helena, a quen chamaban Lulu.
Rambert comezou a súa formación en danza nos seus primeiros estudos. Materias como Linguas estranxeiras e Historia parecían ser sinxelas; porén ela era unha rapaza inqueda e finalmente sacou malas notas polos seus movementos senfin na clase. Nun momento na súa formación inicial, o seu profesor de danza dixo que "Nela, estaba o verdadeiro espírito da danza".[2] Ela non se sorprendeu coa estrutura e a actuación do ballet, e non se viu envolta na danza como paixón ata que se sentiu cativada por Isadora Duncan cando asistiu a unha das súas actuación, e foi "profundamente conmovida pola beleza da danza de Duncan".[3] Despois de participar activamente nos disturbios políticos e o tráxico Día de Maio, os pais de Rambert instárona a trasladarse a París e iniciou os estudos de Medicina mentres vivira cos seus tíos, os dous médicos. Asistiu a unha festa na que bailou unha mazurca con tal vivacidade que que despois houbo aplausos; esta foi a súa primeira actuación. Coñeceu a Raymond Duncan, irmán de Isadora, nesta mesma festa, que a felicitou pola súa actuación, e novamente recuperou a súa paixón pola danza. Estudou con Madame Rat, do Ballet de l'Opéra National de Paris, e posteriormente con Émile Jaques-Dalcroze no Dalcroze College, quen a introduciu á eurritmia.
Un día no Dalcroze College, Sergei Diagilev viu unha clase e logo ofreceulle ir a Berlín e estudar con el nos Ballets Russes. Alí, Rambert axudoulles coa representación de Le Sacre du printemps de Igor Stravinskii con Vatslav Nizhinskii. Ela aceptou e colaborou cos Ballets Russes dirixidos por Diagilev, 1912-13. Nos Ballet Russes estivo no corpo de baile nas representacións do Lago dos cisnes, Giselle, e Scheherazade. Logo dunha xira con Nizhinskii e os Ballet Russes, o contrato de Rambert non continuou e decidiu que era o momento dun novo capítulo. En 1914 trasladouse ao Reino Unido e estudou con Enrico Cecchetti.[4]
Despois de estudar con Cecchetti, Rambert volveu estudar con Madame Rat na Ópera de París, e tomou os seus estudos con máis seriedade. Comezou a ensinar ballet en 1919 e posteriormente fundou a súa propia escola de ballet en Bedford Gardens. En 1926 creou a súa propia compañía, orixinalmente chamada Ballet Club, que pasaría por moitos trocos de nomes, igual que a súa propia fundadora. A compañía comezou a actuar en revistas nocturanas en Londres. A primeira actuación informal foi representada nas Riverside Nights do Lyric Theatre, e continuaron coas revistas nocturnas durante un tempo. Comezou a buscar novos e prometedores bailaríns e coreógrafos, como Frederick Ashton, para que formasen parte da súa compañía, e deulles a oportunidade de medrar. De Marie Rambert Dancers a compañía mudou a Ballet Rambert é agora é denominada Rambert Dance Company, unha compañía de danza contemporánea. Esta foi a primeira compañía de ballet británica.
O Ballet Rambert realmente iniciou as súas actuacións como compañía con A Tragedy of Fashion de Frederick Ashton en 1926. Ashley, o home de Marie renovou un edificio e converteuno no Mercury Theatre, onde se representou a maioría das actuacións do Ballet Rambert. Dicíase que "Notting Hill Gate, onde estaba o Mercury Theatre, estaba nas ladeiras do Olimpo".[5] Marie Rambert foi firme na procura de novos e futuros coreógrafos. Algúns dos seus alumnos e posteriores compañeiros son Ashton, Antony Tudor e Agnes de Mille. En 1965 Rambert, coa axuda de Norman Morrice, o seu máis recente descubrimento, reorganizou por completo a compañía e iniciou un xiro cara á danza contemporánea.[6] O repertorio da compañía regresou eventualmente a ballets máis contemporáneos, mais continuou a ter unha vasta lista de obras que representou ao longo dos anos. Colaborou con Millicent Hodson para recrear a coreografía de Nizhinskii para Le Sacre du printemps en 1979, que foi finalizada en 1987.
Marie Rambert é coñecida por axudar a crear e manter unha comunidade de ballet forte en Gran Bretaña. "A creación do Ballet en Gran Bretaña é un dos maiores logros artísticos do século. Débeselle absolutamente ao idealismo que encenderon Rambert e Ninette de Valois"[7] que foi a fundadora do que se converteu no Royal Ballet.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.