Mariano Marcos Abalo, nado na Pobra do Caramiñal en 1937 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 2022[1], foi un artista polifacético galego, creador do Conxuro da queimada.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 A Pobra do Caramiñal, España |
Morte | 7 de febreiro de 2022 (84/85 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, oficinista, humorista |
Traxectoria
Mudouse a Vigo en 1960, onde comezou a traballar de administrativo na banca. Comezou, de modo autodidacta, a desenvolver diversas actividades artísticas, como miniaturas, medallas talladas en marfil e madeira, deseño de pergamiños conmemorativos, escudos heráldicos ou debuxos humorísticos.
En 1976 gañou o I Premio da festa da Camelia, convocada polo Corte Inglés, ó presentar unha camelia tallada en marfil. No mesmo premio recibe un áccesit por un póster. Nos anos 80 comezou a compor poesía, sendo algúns poemas publicados na revista trimestral Galicia en Madrid.
Colaborou como humorista gráfico nas desaparecidas revistas Chan e Can sen dono, así como no semanario Vigo Deportivo, nas seccións de humor e heráldica. Tamén publicou na revista mensual A Peneira de Ponteareas, na sección de Heráldica, e na revista da Asociación Nacional de Profesores Estatales na sección de humor.
Forma parte do grupo de Humoristas Galegos, reunidos anualmente nunha xuntanza convocada pola Sociedade Cultural Deportiva do Condado, de Salvaterra de Miño. Ten expostos varios debuxos no Museo do Humor de Fene. En 1988 foi pregoeiro do Entroido no concello do Porriño. O 3 de abril dese mesmo ano foi condecorado en Portomarín coa distinción da Serenísima Orde da Alquitara, sendo nomeado cabaleiro de devandita orde.
Gañou o primeiro premio no Primeiro Concurso de Tarxetas de Nadal, convocado polo Concello de Baiona. En febreiro de 1989 publicou o seu primeiro libro, 100 chistes en galego.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.