From Wikipedia, the free encyclopedia
Marguerite Abouet, nada en Abidjan en 1971, é unha escritora de banda deseñada marfilesa, coñecida pola súa serie de novelas gráficas Aya of Yopougon.[1]
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Abidjan, Costa do Marfil |
Residencia | Noisy-le-Sec (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, guionista de cómics, guionista, escritora, directora de cinema |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Abouet naceu en Costa do Marfil[1] e aos 12 anos ela e o seu irmán mudáronse a Francia co seu at the age of 12 she and her brother moved to France with their great uncle.[2] Posteriormente pasou a vivir en Romainville, suburbio de París, co seu marido, o ilustrador Clément Oubrerie (que ilustrou as súas ideas gráficas).[3]
Traballou como asistente legal en París mentres traballaba na súa primeira novela gráfica, Aya of Yopougon. Abouet tentara escribir novelas para xente nova, mais renunciou pola frustración que percibía polas limitacións que esixían no xénero os editores. Finalmente, deixou o seu traballo para concentrarse na escritura a tempo completo..[3]
Aya of Yopougon foi a primeira obra que publicou Abouet. Tamén foi o seu primeiro traballo nas novelas gráficas, ademais dun traballo en colaboración co seu marino, que en Aya of Yopougon realizou o seu traballo como ilustrador de novelas gráficas. Ela viuse influída a realizar unha novela gráfica por Marjane Satrapi, autora de Persépole.[2] Tamén xurdiu do seu desexo de amosar unha África centrada en temas diferentes á guerra e á fame.[4] As súas personaxes asisten ao colexio, traballan, fan plans para o futuro e vense en leas cotiás en Costa do Marfil igual que ocorre en calquera outro lugar.[5] A historia foi adaptada nun filme adaptado codirixido por Abouet.[6]
Abouet nega que Aya of Yopougon sexa autobiográfico, agás no sentido de que amosa unha Costa do Marfil familiar para ela. As personaxes están baseadas en xente que coñeceu durante a súa vida, mais as situacións son ficticias.[2]
Aya of Yopougon foi considerado un éxito, especialmente para unha autora novel. Gañou o premio á mellor opera prima no Festival de Angoulê de 2006 e vendeu máis de 200 000 exemplares en Francia.[7] Abouet tamén convenceu ao seu editor francés para vender copias máis baratas de tapa blanda en Costa do Marfil.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.