empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcial Peralba Fontáns, nado no Porriño e finado no mesmo concello o 25 de novembro de 1965,[1] foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido O Porriño, España |
Morte | 25 de novembro de 1965 O Porriño, España |
Alcalde do Porriño | |
15 de maio de 1939 – novembro de 1939 – Jesús Louzán Giráldez → | |
Alcalde do Porriño | |
agosto de 1931 – agosto de 1932 ← Serafín Areal Giráldez – Silvino González García → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Contratista de obras. Concelleiro do Porriño en 1930, foi elixido primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por José Carrera Domínguez.[2] Na Segunda República fundou con Manuel Cabaleiro Comesaña a Agrupación Republicana do Porriño.[3] Logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, que foron anuladas polo gobernador civil nun dos distritos electorais e houbo que repetirlas o 12 de xullo,[4] obtendo finalmente a vitoria a conxunción republicano-socialista que logrou 10 concelleiros fronte aos 6 dos antigos upetistas, foi elixido alcalde do Porriño en agosto de 1931.[5][6] Foi cesado en agosto de 1932 por incompatibilidade.[7] Foi elixido presidente do Casino do Porriño en xaneiro de 1934.[8] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro do Porriño en 1937 e elixido segundo tenente de alcalde.[9] O 15 de maio de 1939 tomou posesión como alcalde, permanecendo no cargo até novembro dese ano.
Casou con Carmen Cabaleiro Rodríguez e foi pai de Carmen, María Rogelia e Marcial Peralba Cabaleiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.