Marcelino Domingo

político español From Wikipedia, the free encyclopedia

Marcelino Domingo

Marcelino Domingo Sanjuán, nado en Tarragona o 26 de abril de 1884 e finado en Tolosa (Francia) o 2 de marzo de 1939, foi un mestre, xornalista e político español. Participou en varios gobernos de esquerdas durante a Segunda República. É especialmente coñecido por ser o promotor da Lei de Reforma Agraria.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Marcelino Domingo
Thumb
Biografía
Nacemento26 de abril de 1884
Tortosa, España
Morte2 de marzo de 1939 (54 anos)
Tolosa, Francia
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
19 de xullo de 1936 – 19 de xullo de 1936
 Francisco Barnés Salinas (pt) Francisco Barnés Salinas (pt)  
Deputado nas Cortes republicanas

22 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Tarragona (en)
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
19 de febreiro de 1936 – 13 de maio de 1936
 Filiberto Villalobos (pt) Francisco Barnés Salinas (pt)  
Ministro da agricultura (pt)
12 de xuño de 1933 – 12 de setembro de 1933
 sen valor – Ramón Feced Gresa (en)  
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España
17 de decembro de 1931 – 12 de setembro de 1933
 sen valor – José Franchy y Roca 
Deputado nas Cortes republicanas

4 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Tarragona (en)
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
14 de abril de 1931 – 17 de decembro de 1931
 José Gascón y MarínFernando de los Ríos (pt)  
Deputado das Cortes
18 de maio de 1923 – 15 de setembro de 1923
Circunscrición electoral: Tortosa
Deputado das Cortes
24 de abril de 1914 – 2 de outubro de 1920
Circunscrición electoral: Tortosa
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ocupaciónpolítico, escritor, xornalista
Partido políticoRepublican Nationalist Federal Union (en)
Partido Republicano Radical Socialista
Partido Republicano Radical Socialista Independiente
Catalan Republican Party (en)
Republicà Autonomist Bloc (en)
Izquierda Republicana
Familia
IrmánsPedro Domingo y Sanjuán

Descrito pola fonteQ122834026 , (sec:Don Marcelino Domingo, p.226-227)
Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:Domingo Sanjuan, Marcel·lí, p.474-475)
Pechar

Traxectoria

Naceu e creceu en Tarragona, onde obtivo o título de mestre en 1903. Ese ano trasladouse a Tortosa, onde empezou a exercer a docencia e entrou en contacto cos ambientes republicanos.

Inicio a carreira en 1909, cando foi elixido concelleiro republicano de Tortosa. A súa influencia nos círculos republicanos consolidouse coa súa entrada no Consello Xeral da Unión Federal Nacionalista Republicana (UFNR), e a súa posterior elección como deputado en Cortes, nas eleccións de 1914.

A súa actividade política foi en aumento durante a Restauración e a ditadura de Primo de Rivera. Entre 1914 e 1923 foi elixido sucesivamente como deputado das Cortes da Restauración, case sempre pola provincia de Tarragona[1]. Participou na creación do Bloc Republicà Autonomista (BRA) en 1915, que despois evolucionou cara ao Partit Republicà Català en 1917. Foi un dos protagonistas da Asemblea de Parlamentarios e da preparación da folga xeral revolucionaria impulsada en 1917 polo PSOE e a UGT, entre outros. Domingo foi o principal propulsor da proposta de autonomía para Cataluña, rexeitada polas Cortes monárquicas en 1918, e impulsou tamén a efémera plataforma republicana Alianza de Izquierdas (1921-1923), na que se integrou o PSOE.

Militou no Partido Republicano Radical ata 1929. Nese ano encabezou a escisión do sector máis progresista, que fundou o Partido Republicano Radical Socialista. Como líder deste partido foi Ministro de Instrución Pública nos gobernos republicanos até a aprobación da Constitución da II República (de abril a decembro de 1931). Nos gobernos de esquerdas que seguiron até as eleccións de 1933 foi Ministro de Agricultura. Desde este cargo impulsaría a Lei de Reforma Agraria, elevada a Cortes a finais de marzo de 1932 e aprobada finalmente o 9 de setembro dese ano[2].

Participou en 1934, xunto con Manuel Azaña (Acción Republicana) e Santiago Casares Quiroga (ORGA), na creación de Izquierda Republicana. Repetiu como ministro de Instrución Pública durante o bienio esquerdista e no primeiro goberno da Fronte Popular.

Obras

  • En la calle y en la cárcel, 1921.
  • La isla encadenada, 1923.
  • El burgo podrido, 1924.
  • Autocracia y democracia, 1926.
  • On va Catalunya?, 1927.
  • Libertad y autoridad, 1928.
  • Una dictadura en la Europa del siglo XX, 1929.
  • ¿A dónde va España?, 1930.
  • ¿Qué espera el rey?, 1930.
  • La escuela en la República, 1932.
  • La experiencia del poder, 1934.
  • La Revolución de Octubre, 1935.
  • Homenaje a D. Marcelino Domingo Primer ministro de Instrucción Pública de la República Española, 1936.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.