From Wikipedia, the free encyclopedia
María Manuela Oreiro Lema, chamada despois de casada Manuela Oreiro Lema de Vega, nada en Madrid en 1818 e finada en 1854, foi unha cantante de ópera.[1]
(1841) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1818 Madrid, España |
Morte | 6 de maio de 1854 (35 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Estudou no Conservatorio María Cristina, tendo como profesor de solfexo a Baltasar Saldoni e de canto a Francesco Piermarini.
Contratada como prima donna assoluta polos teatros madrileños na tempada 1836-37, debutou no teatro da Cruz coa ópera I Capuleti e i Montecchi de Vicenzo Bellini, producindo un entusiasmo xeral, que posteriormente se reproduciu cando canta Ana Bolena, a esule di Roma e o Belisario.[2][3]
En 1838 casou con Ventura de la Vega, e tras unha breve ausencia da escena, volveu e a súa fama alcanzou o seu punto álxido cando chega a Madrid o famoso cantante Giovanni Battista Rubini, con quen cantaba, entre outras, as óperas Lucia di Lammermoor e La sonnambula, compartindo as ovacións co gran tenor.
En 1849 e 1850 participou en obras como Ildegonda, e La conquista de Granada de Emilio Arrieta; La Straniera, de Bellini; Luisa Miller de Giuseppe Verdi, outras.
En 1838 casou co dramaturgo e tradutor Ventura de la Vega. Foi nai do tamén dramaturgo de éxito Ricardo de la Vega.
Morreu antes de cumprir os trinta e seis anos. Rubini, o gran tenor, díxolle que nunca atopara ningún compañeiro de escena que tivese a voz, a alma e o canto tan enérxico de Manuela Oreiro.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.