Malik ibn Anas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Malik ibn Anas

Malik bin Anas (en árabe: مالك بن أنس), nado en Medina en 711 (93 AH) e finado na mesma cidade en 795 (179 AH), foi un xurista, teólogo e hadithista árabe musulmán. O seu nome completo era Mālik bin ʾAnas bin Mālik bin ʾAbī ʿĀmir bin ʿAmr bin al-Ḥārith bin Ghaymān bin Khuthayn bin ʿAmr bin al-Ḥārith al-Aṣbaḥīy, e é coñecido como Imam Mālik polos sunnitas malikianos.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
imán
Malik ibn Anas
Thumb
Biografía
Nacementoc. 711
Medina (Califato omeia)
Morte7 de xuño de 795 (Gregoriano) (83/84 anos)
Medina (Califato Abbásida)
Lugar de sepulturaAl-Baqi'
RelixiónIslam
Actividade
Campo de traballoFiqh e ciencia do hadiz
Ocupaciónmuhaddith, alfaquí, ulema
ProfesoresNafi Mawla ibn Umar (en) , Ibn Shihab al-Zuhri (en) , Ja'far al-Sadiq, Abd al-Rahman al-Awza'i (pt) , Ayoub al-Sakhtiyani (en) , Q12240285 , Ibrahim ibn Abi 'Abla (en) , Ibn Húrmuz (en) , Zayd ibn Aslam (en) , Abdullah ibn Zakwan (en) , ʻAbd al-Raḥman ibn al-Qāsim (en) , Thawr ibn Yazid (en) , Humeyd al-Tawil (en) , Rabi'ah bin Farrukh (en) , Hisham ibn Urwah (en) , Yahya ibn Sa'id al-Ansari (en) , A'isha bint Sa'd ibn Abi Waqqas (en) , Q20409790 , Q106937551 e Nafi' al-Madani (en)
AlumnosAl-Shafi‘i../... 29+
Obra
Obras destacables
Familia
FillosQ125493968

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Islamskiy enciklopedicheskiy slovar
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pechar

Traxectoria

Malik naceu na cidade de Medina, e chegou a converterse no principal estudoso das tradicións proféticas no seu tempo,[1] que procurou aplicar á "total vida legal" para crear un método sistemático de xurisprudencia musulmá que só se expandiu co paso do tempo.[1] Referido polos seus contemporáneos como Imán de Medina, as opinións de Malik en asuntos de xurisprudencia foron moi apreciadas durante a súa vida e con posterioridade, converténdose no fundador dunha das catro escolas do dereito sunnita, a maliki,[1] que pasou a ser o rito normativo para a práctica sunnita de gran parte do norte de África, Al-Andalus, gran parte de Exipto e zonas de Siria, o Iemen, Sudán, Iraq e Khorasan,[2] e destacas ordes sufís, incluídas a Shadiliyya e a Tijaniyyah.[3]

Non obstante, quizais a maior achega de Malik aos anais da historia islámica é a súa compilación da Muwatta, unha das máis antigas e máis veneradas coleccións de hadiths sunnitas e un dos primeiros libros de leis musulmáns superviventes,[1] en que Malik intentou dar unha visión xeral do dereito e a xustiza, do ritual e da práctica da relixión segundo o consenso do islam en Medina, e crear un estándar teórico para os temas que non estaban establecidos polo punto de vista do consenso e a sunna.[1] Composto nos primeiros días do califato abásida, tempo en que houbo un crecente recoñecemento e apreciación do dereito canónico, a obra de Malik axudou a esquematizar un "camiño suave" (que é o que significa literalmente al-muwaṭṭaʾ) a través das diferenzas de opinión mesmo sobre as cuestións máis elementais.[1] Denominado "o mellor libro do mundo despois do Corán" por al-Shafi'i,[2] a complilación da Muwatta levou a que Malik fose honrado con epítetos como ""Xeque do islam", "Proba da comunidade", "Imán da morada da emigración! e "experto erudito de Medina" na tradición sunnita posterior.[2]

De acordo coa tradición clásica, Mahoma pronosticou o nacemento de Malik cando dixo: "Axiña o pobo golpeará os flancos dos camelos na procura do coñecemento e non atoparán máis experto que o experto erudito de Medina",[4] e, noutra tradición, "O pobo ... porase en camiño do leste ao oeste sen atopar máis sabio do pobo que en Medina".[5] Aínda que algúns estudosos posteriores, como Ibn Hazm e Tahawi, dubidan sobre a identificación do misterioso sabio de ambas as tradicións con Malik,[6] a interpretación máis estendida continúa a ser que devandita personaxe era Malik.[6], al-Shafi'i, que logo foi o fundador doutra das catro escolas ortodoxas da lei sunnita, dixo do seu mestre: "Ninguén forma un favor tan grande para min na relixión de Deus como Malik ... cando se mencionan os eruditos, Malik é a estrela guía".

Thumb
Tumba de Malik

Malik faleceu aos 83 ou 84 anos en Medina en 795 e está soterrado no cemiterio Jannat ul-Baqi xunto á Mesquita do Profeta. Aínda que se construíu un pequeno santuario arredor da súa tumba durante a idade media, con moitos musulmáns visitándoo, a construción foi derrubada polo reino de Arabia Saudita durante a campaña de demolición de moitos lugares da tradición islámica tralo establecemento do reino en 1932.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.