escritor británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Clarence Malcolm Lowry ([ˈlaʊri]), nado en New Brighton (Cheshire) o 28 de xullo de 1909 e finado en Ripe (Sussex) o 26 de xuño de 1957 foi un poeta e novelista inglés, coñecido pola súa novela Under the Volcano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1909 Birkenhead, Reino Unido (pt) |
Morte | 26 de xuño de 1957 (47 anos) Chalvington with Ripe, Reino Unido (en) |
Lugar de sepultura | The Parish Church of St John the Baptist (en) |
Residencia | México |
Educación | St Catharine's College, Cambridge (en) Caldicott School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura |
Ocupación | escritor, novelista, poeta, escritor de contos |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Q130368343 >>>:Lowry, Malcolm, 1909-1957, |
Lowry naceu na península de Wirral, Inglaterra,[1] cuarto fillo de Evelyn Bode e Arthur Lowry, corretor de algodón con raíces en Cumberland. Estudou en The Leys School en Cambridge [2] (escola coñecida pola novela Goodbye, Mr. Chips) e St Catharine's College, Cambridge. En 1912, a familia mudouse a Caldy, a unha casa de estilo falso Tudor e dous acres de terreo, cunha pista de tenis, un pequeno percorrido de golf e servizo doméstico.[1][3] Lowry sentiuse abandonado pola súa nai e máis achegado ao seu irmán.[3]
A pesar da súa cómoda educación, comezou a beber aos catorce anos.[3] Aos quince anos gañou o campionato de golf júnior de Royal Liverpool Golf Club, Hoylake. O seu pai esperaba que fose a Cambridge e entrase no negocio familiar, mais Malcolm quería experimentar o mundo e convenceu o seu pai que lle deixase traballar como mariñeiro nun barco que ía a Oriente. En maio de 1927 os seus pais levárono ao porto de Liverpool e, diante da prensa local, despedíronse del mentres subía ao cargueiro S.S. Pyrrhus.[3] Os cinco meses no mar déronlle historias que incorporou na súa primeira novela, Ultramarine.
No outono de 1929 matriculouse en Cambridge para calmar os seus pais. Pasou pouco tempo na universidade,[3] mais destacou en escritura, graduándose en 1931 cun grao de terceira clase en inglés. Durante o seu primeiro trimestre o seu compañeiro de cuarto, Paul Fitte, suicidouse. Fitte pedíralle unha relación homosexual a Lowry, pero este rexeitouno. Lowry sentiuse responsable da súa morte e foi posuído por este sentimento o resto da súa vida.[3]
As dúas obsesións que dominaron a súa vida, o alcohol e a literatura xa estaban ben establecidas. Lowry tamén viaxara, pois ademais da súa experiencia no mar, visitara América e Alemaña nas vacacións escolares.
Tras Cambridge, Lowry viviu un tempo en Londres, acudindo ás escenas alternativas do Grupo de Auden e coñecendo a Dylan Thomas, entre outros. En España coñeceu a súa primeira esposa, Jan Gabrial, coa que casou en Francia en 1934. A súa foi unha unión turbulenta, especialmente debido á bebida, e porque a Jan lle molestaba que os homosexuais se sentisen atraídos por el. Tras un distanciamento, Lowry seguiuna a Nova York onde, case incoherente, entrou no Hospital Psiquiátrico de Bellevue en 1936, tras un ataque de nervios provocado polo alcohol. Cando as autoridades comezaron a recibir informacións sobre el, fuxiu para evitar a deportación e marchou a Hollywood, onde intentou traballar como guionista. Neste tempo comezou a escribir Under the Volcano.[3]
A parella mudouse a México, chegando á cidade de Cuernavaca o 2 de novembro de 1936, día de defuntos, nun intento final de salvar o seu matrimonio. Lowry continuou a beber intensamente, aínda que tamén dedicou máis enerxía na escritura.[3]
O esforzo para salvar a relación fracasou. Jan viu que Lowry quería unha figura materna que ela non quería ser e acabou marchando con outro home a finais de 1937. Só en Oaxaca, Lowry entrou nun período de excesos alcohólicos que culminaron na súa deportación do país.
No verán de 1938 Lowry abandonou México en circunstancias misteriosas. A súa familia instalouno no Hotel Normandie dos Ánxeles e os cheques do seu pai ían directamente ao encargado do hotel. Continuou a traballar na súa novela e coñeceu a actriz e escritora Margerie Bonner.
En agosto Lowry mudouse a Vancouver, Canadá, deixando o seu manuscrito atrás. Máis tarde Margerie mudouse tamén a Vancouver levándolle o texto e casaron o ano seguinte, vivindo ao principio viviron nun ático da cidade. Co inicio da segunda guerra mundial Lowry tratou de alistarse, mais foi rexeitado. A correspondencia entre el e o Gobernador Xeral do Canadá Lord Tweedsmuir (coñecido como o escritor John Buchan) neste tempo deu lugar a varios artigos de Lowry no xornal da provincia de Vancouver. A parella vivía e escribía nunha chabola ocupada na praia preto de Dollarton na Columbia Británica. En 1944 a chabola sufriu un incendio e Lowry resultou ferido tratando de salvar a súa novela.[4] Margerie foi unha influencia totalmente positiva, editando habilidosamente o traballo de Lowry e asegurándose de que comía tanto como bebía. A parella viaxou por Europa, América e o Caribe e a pesar de que Lowry continuaba a beber, parecía pasar por un período relativamente pacífico e produtivo. Isto durou ata 1954, cando chegou un novo período nómade, que pasou por Nova York, Londres e outros lugares. Durante as súas viaxes a Europa, Lowrey tratou de estrangular a Margerie dúas veces.[5]
Lowry faleceu nunha casa alugada en Ripe, Sussex, onde vivía coa súa dona. O veredicto da autopsia foi morte accidental.
Suxeriuse que a súa morte foi un suicidio.[6] Algunhas inconsistencias no testemuño dado pola súa esposa tamén levantaron sospeitas de asasinato.[7]
Lowry está enterrado no patio da igrexa de San Xoán Bautista de Ripe.[8]
Lowry publicou pouco durante a súa vida en comparación coa extensa colección de manuscritos inacabados que deixou. Das súas dúas novela, Under the Volcano (1947) está recoñecida como a súa obra mestra e un dos grandes libros do século XX.[9] Exemplifica o método de Lowry como escritor, que inclúe moito material autobiográfico cheo de complexas capas simbólicas.
Ultramarine (1933), escrita cando era aínda un estudante, segue a primeira viaxe por mar dun mozo e a súa determinación de ser aceptado pola tripulación.
Unha colección de relatos, Hear Us, O Lord from Heaven Thy Dwelling Place (1961), foi publicada despois da súa morte e o poeta e estudoso Earle Birney editou Selected Poems of Malcolm Lowry (1962). Tamén colaborou coa viúva de Lowry na edición da novela curta Lunar Caustic (1968) na súa republicación. Era unha fusión de varios textos antigos relativos ao Bellevue Hospital que Lowry estaba reescribindo como unha novela completa. Con Douglas Day, primeiro biógrafo de Lowry, a viúva completou e editou as novelas Dark as the Grave Wherein my Friend Is Laid (1968) e October Ferry to Gabriola (1970) a partir de manuscritos de Lowry.
En 1965 publicouse Selected Letters of Malcolm Lowry, editadas pola súa viúva e por Harvey Breit e seguíronlle en 1995-6 os dous volumes de Sursam Corda! The Collected Letters of Malcolm Lowry, editados por Sherrill E. Grace. Tamén se publicaron edicións da última obra inacabada de Lowry La Mordida, e o seu guión para a adaptación de Tender Is the Night, de F. Scott Fitzgerald.
Volcano: An Inquiry into the Life and Death of Malcolm Lowry (1976) é un documental de National Film Board of Canada candidato ao Oscar dirixido por Donald Brittain e John Kramer.[3] Comeza coa investigación sobre a "morte accidental" de Lowry e vai cara a atrás para trazar a vida do escritor. Richard Burton le fragmentos da novela entre imaxes de México, os Estados Unidos, o Canadá e Inglaterra.[10]
En 2001 Jan Gabrial revelou nas súas memorias que ela tiña un primeiro bocexo da novela In Ballast to the White Sea, que se cría perdida.[11] Segundo o profesor Dean Irvine da Dalhousie University, Lowry déralle unha copia á nai de Gabrial antes de que a parella marchase a México en 1936. A copia de traballo perdérase despois nun incendio. En outubro de 2014 publicouse por vez primeira pola Universidade de Ottawa[12] e lanzouse no Bluecoat Arts Centre de Liverpool.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.