Maiao

From Wikipedia, the free encyclopedia

Maiao
Remove ads

Maiao (Mai´ao en tahitiano normalizado) é unha illa do grupo do Vento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 75 km ao oeste da illa de Moorea, con quen forma a comuna de Moorea-Maiao.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Remove ads

Xeografía

A formación consiste nunha illa alta, cun pico de 154 metros de altura e un motu que serpentea ao longo da base da illa alta.

A illa ten a particularidade de ter dous lagos interiores, ademais da lagoa exterior rodeada polos escollos de coral. Os tres están conectados por canles subterraneos pero teñen un alto grao de salinidade. A superficie total é de 9 km².

A illa é o fogar de 299 persoas (segundo o censo de agosto de 2007).

Remove ads

Historia

O Dereito interno Maiao non acepta ós "estranxeiros", e polo tanto calquera persoa que non sexa orixinalmente da illa ten que ter unha invitación formal ou unha razón especial para desembarcar (parteira, médico, traballador social, funcionarios ... ). De onde vén esta prohibición de permanecer neste paraíso? Un inglés, Eric Trower, montou afinais dos anos 20 unha tenda de mercancías xerais. Abusando do gusto dos insulares dos produtos de fóra, apropiouse case do 80% da illa polos préstamos contraídos polos seus clientes! O Pastor Moreau, ao redor de 1935, incitou á xente para formar unha cooperativa para comprar o terreo ao Estado, que mentres tanto pagara a débeda das persoas ao inglés. De aí a sospeita sobre os estranxeiros que dura para sempre.

Remove ads

Galería de fotos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads