From Wikipedia, the free encyclopedia
MSX (acrónimo de Midcourse Space eXperiment) foi un proxecto da BMDO (Ballistic Missile Defense Organization, Organización de Defensa de Mísiles Balísticos) co propósito principal de recoller datos nun amplo intervalo de lonxitudes de onda (desde o ultravioleta ao infravermello) para demostrar a factibilidade de descubrir e seguir mísiles balísticos durante a súa fase de voo de cruceiro. Ademais os instrumentos de a bordo foron utilizados para realizar estudos aeronómicos (estudando as abundancias de ozono, clorofluorocarbonos, dióxido de carbono e metano) e aurorais.[1][3]
Midcourse Space eXperiment / MSX | |
---|---|
Representación artística de MSX | |
Tipo | Observatorio espacial / Militar |
Organización | Departamento de Defensa dos Estados Unidos[1] |
Data de lanzamento | 24 de abril de 1996, 12:27 GMT[2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7920[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][5] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas e detector de mísiles.[3][5] |
NSSDC ID | 1996-024A |
Masa | 2700 kg[1][3][5] |
Potencia | 1200 vatios[1][3][5] |
MSX estaba composto por tres seccións de 1,5 x 1,5 m de lado que albergaban a electrónica, o hidróxeno sólido a unha temperatura de 8,5 K para arrefriar os detectores e os tres instrumentos de observación. Os datos recollidos eran procesados en tempo real polo OSDP (On-board Signal and Data Processor) para detectar e seguir os sinais xerados polos instrumentos. Ademais posuía sensores para medir a contaminación e degradación do rendemento dos instrumentos principalmente por procesos de desgasificación, e liberou varias esferas de 2 cm de diámetro para calibrar os instrumentos.[1][3][4]
A nave estabilizábase nos tres eixos cunha precisión de 0,01 graos usando volantes de inercia. Era capaz de almacenar ata 108 Gb de datos e comunicábase con terra en banda X mediante antenas orientables e cun ancho de banda de 2 kbps en subida e 25 Mbps en baixada. Os dous paneis solares do satélite xeraban ata 1200 vatios de potencia que alimentaban baterías de hidruro de níquel.[5]
O satélite foi insertado nunha órbita inicial de 908 km de perixeo e 913 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 99,4 graos e un período orbital de 102,9 minutos. Deixou de funcionar en xuño de 2008.[4]
MSX levaba tres instrumentos a bordo:[1][2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.