Aeronomía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aeronomía é a ciencia que estuda as capas superiores da atmosfera, onde os fenómenos de ionización e disociación son importantes. O termo aeronomía foi introducido por Sydney Chapman e a definición anterior data de 1960.[1] Hoxe en día o termo inclúe a ciencia das rexións correspondentes doutros planetas e é unha póla da física atmosférica. A investigación aeronómica necesita de globos, satélites e foguetes sonda. As mareas atmosféricas dominan a dinámica da mesosfera e a termosfera inferior, polo que a súa comprensión é esencial para a comprensión da atmosfera como un todo. Outros fenómenos estudados pola aeronomía son os raios da atmosfera superior.

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.