MD Helicopters MD Explorer
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O MD Helicopters MD Explorer é un helicóptero utilitario lixeiro. Deseñado a principios dos 90 por McDonnell Douglas Helicopter Systems, no presente está fabricado por MD Helicopters. Existen dou modelos do helicóptero, o orixinal MD 900, e o seu sucesor, o MD 902.
MD Helicopters MD Explorer | |
---|---|
Tipo | helicóptero utilitario lixeiro |
Fabricante | McDonnell Douglas Helicopter Systems MD Helicopters |
Primeiro voo | 18 de decembro de 1992 |
Introducido | 1994 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Armada de México Landespolizei Luxembourg Air Rescue DEA |
Produción | 1992 - presente |
En xaneiro de 1989 McDonnell Douglas Helicopters lanzou oficialmente o desenvolvemento do Explorer, inicialmente chamado MDX. O Explorer foi o primeiro helicóptero de McDonnell Douglas en incorporar o sistema NOTAR dende o seu deseño inicial.[1] McDonnell Douglas asociouse con Hawker de Havilland of Australia para fabricar as células. Fabricáronse 10 prototipos sendo sete deles usados para probas en terra. McDonnell Douglas Helicopters converteuse no cliente de lanzamento da serie de motores Pratt & Whitney Canada PW200, cun acordo exclusivo para equipar os primeiros 128 Explorer con dous PW206A.[2] Mentres tanto, os plans para ofrecer o Turbomeca Arrius como opción descartáronse.[1] O primeiro voo do Explorer tivo lugar o 18 de decembro de 1992. A certificación da FAA para o Explorer chegou o 2 de decembro de 1994, e a da JAA pouco despois.
En setembro de 1997 introducíronse varias melloras, incluídos motores turboeixo PW206E con clasificacións máis altas dun só motor operativo, entradas de aire dos motores revisadas, deseño mellorado da entrada do NOTAR e un sistema de control do estabilizador máis potente. Os beneficios incluían un alcance e resistencia mellorados e un incremento no peso máximo de engalaxe. Este Explorer mellorado foi designado de xeito non oficial MD 902.
En setembro de 2000 o Explorer comezou a entregarse co mellorado turboeixo PW207E, cun mellor rendemento do motor en ambientes quentes e altos e no caso de que un deles deixase de funcionar.[1]
O MD Explorer conta cosistema antitorque NOTAR, que incrementa a seguridade, produce menores niveis de ruído e mellora o rendemento e o control.[1] En lugar dun rotor de cola antitorque, unha saída dun ventilador diríxese fóra das rañuras no brazo de cola, usando o efecto Coandă para o control de guiñada. Boeing mantén os dereitos do deseño da tecnoloxía NOTAR a pesar de vender a liña de helicópteros da antiga McDonnell Douglas a MD Helicopters a principios de 1999. O Explorer tamén conta cun rotor principal de cinco pás de materiais compostos, ademais dunha fuselaxe e cola de fibra de carbono.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.