Lyrurus mlokosiewiczi, coñecido vulgarmente como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas comprendidas no xénero Lyrurus.
Lyrurus mlokosiewiczi Galo lira do Cáucaso, galo lira caucásico | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Lyrurus mlokosiewiczi, na obra de John Gould The Birds of Asia, Volume 6, nº 66. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lyrurus mlokosiewiczi (Taczanowski, 1875) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1875 polo zoólogo polaco, especializado en ornitoloxía, Wladyslaw Taczanowski, co nome de Tetrao mlokosiewiczi.
Etimoloxía
Para a do xénero, véxase Lylurus.
O epíteto específico, mlokosiewiczi, é unha homenaxe de Taczanowski ao seu compatriota o naturalista Ludwik Mlokosiewicz.
Nomes vulgares
Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, coas adaptacións pertinentes a cada unha das linguas.
Nota taxonómica
Algúns autores aínda designan a especie polo seu basónimo, Tetrao mlokosiewiczi, que foi substituído polo actual recentemente.[2]
Características
Moi semellante en forma, tamaño e costumes ao galo lira común, do que se diferencia sobre todo porque as plumas da cola dos machos teñen a forma de lira menos marcada.[3]
O macho adulto é maior que a femia, como é usual nos fasiánidos, e mide de 50 a 55 cm de lonxitude, mentres que a femia só alcanza de 37 a 42 cm. A plumxe do macho é negra, agás nas cellas de cor vermella; a da femia é gris con algunhas manchas máis escuras.[4]
É quizais o menos coñecido de todos os galos do mundo.
Hábitat e distribución
Como especie fundamentalmente terrícola vive en zonas de monte baixo, en ladeiras poboadas con rododendros ou outras matogueiras, nas montañas do sueste de Europa (Cáucaso) e zonas adxacentes (nordeste de Turquía e noroeste de Irán).[3]
Status
Inicialmente cualificado como unha especie con datos insuficientes pola UICN, unha investigación recente mostra que a súa poboación está diminuíndo en certa medida, e por iso, a partir de 2008, está catalogada case ameazada.[1]
A súa poboación estimouse en 2006 en ao redor de 70 000 espécimes.[5]
Os esforzos para a súa conservación inclúen fomentar o ecoturismo, como unha maneira de promover o coñecemento desta ave e o seu hábitat.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.