escritora brasileira From Wikipedia, the free encyclopedia
Lygia Fagundes da Silva Telles, nada como Lygia de Azevedo Fagundes en São Paulo, 19 de abril de 1923,[1] e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2022, foi unha escritora brasileira coñecida como "a dama da literatura brasileira" e considerada por académicos, críticos e lectores unha das máis importantes e notábeis escritoras brasileiras do século XX e da historia da literatura brasileira.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt-br) Lygia de Azevedo Fagundes 19 de abril de 1918 Consolação, Brasil (pt) |
Morte | 3 de abril de 2022 (103 anos) São Paulo, Brasil |
Causa da morte | morte natural |
Educación | Facultade de dereito da Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional |
Ocupación | escritora, novelista, escritora de contos, avogada |
Empregador | Ministério da Agricultura e Pecuária (pt) (1941–1961) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Gofredo da Silva Teles Júnior (1947–) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.532–533) >>>:Telles, Lygia Fagundes |
Alén de avogada, novelista e contista, Lygia ten gran representación no posmodernismo, e as súas obras retratan temas clásicos e universais como a morte, o amor, o medo e a loucura, alén da fantasía.
Filla do advogado Durval de Azevedo Fagundes e da pianista Maria do Rosário Jardim de Moura rexistra as primeiras historias en cadernos escolares.[3] Nacida na cidade de São Paulo, creceu en Sertãozinho e outras pequenas cidades do interior paulista,[4] e desde pequena demostrou interese polas letras. Aos oitos anos, mudouse para o Río de Xaneiro, permanecendo alí por cinco anos. De volta a São Paulo, matriculouse no Instituto de Educación Caetano de Campos e pasou a interesarse pola literatura. A súa estrea literaria foi co libro de contos Porão e Sobrado (1938), o cal foi ben recibido pola crítica, foi unha edición financiada polo seu pai, 12 contos. O éxito repetiuse con Praia Viva (1944). Tras concluír o curso de Dereito na Facultade de Dereito da Praza de San Francisco, en 1946, onde coñecera Mário e Oswald de Andrade, Paulo Emílio Sales Gomes, entre outros, integrou a academia de letras da facultade e colaborou cos xornais Arcádia e A Balança. Sendo estudante do pre-xurídico cursou a Escola Superior de Educação Física da mesma universidade.[5] O ano seguinte, casou con Gofredo Teles Júnior, con quen tivo Goffredo da Silva Telles Neto, casando novamente en 1962 con Paulo Emílio Salles Gomes. O terceiro libro de contos dela, O Cacto Vermelho, lanzado en 1949, recibiu o Premio Afonso Arinos, da Academia Brasileira de Letras. A súa primeira novela, Ciranda de Pedra, publicada en 1954, foi ben recibida pola crítica e público, tornándoa nacionalmente coñecida. En paralelo á carreira literaria, traballou como Procuradora do Instituto de Previdência do Estado de São Paulo, cargo que exerceu até a xubilación, e foi presidente da Cinemateca Brasileira, fundada polo marido Paulo Emílio.
A década de 1970 foi de suma importancia para Lygia e marcou o seu éxito literario e consagración internacional, dado que foi naquel período en que publicou algunhas das súas obras máis aclamadas e prestixiosas: Antes do Baile Verde (1970), cuxo conto que dá título ao libro venceu no gran Premio no Concurso Internacional de Escritoras, na Francia; As Meninas (1973), que gañou o Premio Jabuti, da Cámara Brasileira do Libro, o Premio Coelho Neto da Academia Brasileira de Letras e "Ficção" da Asociación Paulista de Críticos de Arte; e Seminário dos Ratos (1977), polo cal gañou o Pen Club do Brasil. Ingresou na Academia Paulista de Letras en 1982, e, en 1985, ocupou a cadeira número dezaseis da Academia Brasileira de Letras, tomando posesión en 12 de maio de 1987. Aquel mesmo ano, tornouse membro da Academia das Ciencias de Lisboa. De entre os seus outros éxitos están: Verão no Aquário (1964), Mistérios (1981), As Horas Nuas (1989) e Invenção e Memória (2000). A escritora viu os seus libros traducidos para o alemán, español, francés, inglés, italiano, polaco, sueco, checo, alén de moitas edicións en Portugal. Encóntrase colaboración da súa autoría na revista luso-brasileira Atlántico.
Na 17.ª edición do Premio Camões, maior honra concedida a escritores de países co portugués como a lingua oficial, ocorrida en 2005, Lygia foi anunciada a vencedora. Gañadora de todos os premios literarios importantes do Brasil, homenaxeada nacional e internacionalmente, tornouse, en 2016, aos 92 anos, a primeira muller brasileira en ser indicada ao premio Nobel de Literatura.
Coa súa amiga Clarice Lispector, a obra de Lygia estabeleceu un interesante diálogo, pois ambas explotaron, de maneira inédita até entón, o universo feminino so unha perspectiva moderna, rompendo co moralismo social que deixaba a muller sempre á marxe da figura masculina. Trazou as súas personaxes a través das técnicas do fluxo de consciencia e do monólogo interior, alzándoas ao posto de protagonista das súas historias.[6] Alén de abordar intensamente a temática feminina, Lygia abriu espazo na súa obra para temas como a vida nas grandes cidades, así como os problemas sociais e outros temas polémicos, como drogas, adulterio e o amor. En xeral, as súas personaxes son seres inquedos e vulnerábeis, instrumentos de reflexión psicolóxica, que se moven en aparente espontaneidade, como representación irónica da sociedade. Lygia fixo a fusión do fantástico á realidade do espazo urbano, incorporando nos seus contos moitos elementos modernos, como os contos A caçada, Venha ver o pôr do sol e As formigas[7][8].
Cronoloxicamente, a escritora posiciónase na xeración modernista de 1945, ao lado de Guimarães Rosa, Lispector, Rubem Braga e Dalton Trevisan; por tanto, obsérvase influencia do fluxo de consciencia e da epifanía, recursos utilizados por eses escritores. Mentres as súas novelas gañaron aires de literatura realista, os contos da autora reflictem o estilo de Edgar Allan Poe, escritor estadounidense de tendencia romántica e fantástica. Nalgunhas das súas historias fundiu a realidade do espazo urbano ao fantástico, superando a fronteira do real ao asumir unha tendencia principalmente surrealista.
De entre os autores brasileiros, a escritora dise influenciada por Machado de Assis especialmente pola súa "ambigüidade, o texto enxuto, a análise social e a ironía fina". En 1967, realizou a adaptación cinematográfica da novela Don Casmurro con Paulo Emílio Sales Gomes, titulado Capitu, con dirección de Paulo Cesar Saraceni.[9]
A sinestesia é unha das principais figuras de linguaxe utilizadas nos contos de Lygia: a cor verde é constantemente citada como referencia á pasaxe da vida á morte; ás veces, alude á esperanza, á envexa e ao diñeiro.[10] As variacións lingüísticas son tamén usufrutuadas como representación das personaxes retratadas de acordo con seu nivel social e coa situación da comunicación. Outros dous trazos marcantes na literatura de Lygia son a ambigüidade e a ironía, presentes en Ciranda de Pedra (1954), Antes do Baile Verde (1970) e As Meninas (1973), nas cales a escritora estabelece conflitos internos do home vivindo en sociedade.
Está considerada como a grande representante do movemento posmodernismo brasileiro.[11]
Vivindo a realidade dunha escritora do terceiro mundo, Lygia considera súa obra de natureza comprometida coa difícil condición do ser humano nun país de tan fráxil educación e saúde, e procura presentar nos seus textos a realidade envolta na sedución do imaxinario e da fantasía.[12][13] Especialmente nas súas novelas, as personaxes principais tenden a ser mulleres, dotadas dun psicologismo intenso e de comportamentos moi marcantes, como Virgínia, de Ciranda de Pedra, Raíza, de Verão no Aquário e Lorana, Lía e Ana Clara, de As Meninas. Esa recorrencia podería ser interpretada como un evidente compromiso feminista.[14] O choque do descoñecido no cotián aparece en varios textos da escritora, o cal provoca un sentimento de dúbida, medo e ambigüidade. Entre os contos que lidan co sobrenatural están As Formigas, Natal na Barca, e Noturno Amarelo.
A obra lygiana xa foi eloxiada por renomeados escritores da literatura nacional e internacional, os cales se renderon á súa elegante escrita. Clarice Lispector, Carlos Drummond de Andrade, Caio Fernando Abreu, José J. Veiga, José Saramago, entre outros, xa expuxeron opinións importantes e formaron parte do público de admiradores da obra da escritora. Segundo o crítico José Castello, ela "é unha escritora que se dedica aos temas universais: a loucura, o amor, a paixón, o medo, a morte".[15]
Para João Ubaldo Ribeiro, "é a grande dama da literatura brasileira". Milton Hatoum destaca a magnitude e a perennidade dos contos de Antes do Baile Verde e Seminário dos Ratos, libros publicados nos anos 1970. Xa Ignácio de Loyola Brandão garante non "existir, na literatura brasileira, unha persoa máis adorável". Moitos libros volvéronse clásicos, como a novela As Meninas (1973), "libro até hoxe moi lido nas escolas, pois reflicte o impase de mozos que viviron nunha época escura", observa Hatoum. "O destino das personaxes é, dalgún modo, o destino dunha xeración movida por soños de liberdade sexual e política, ou por un desexo de ascenso social. É unha novela que opera co equilibrio entre o psicolóxico, o social e o político. Sen dúbida, un dos mellores libros da autora."[16]
Ao longo da súa carreira, Lygia recibiu importantes premios literarios nacionais e internacionais, como o Premio Camões o máis importante da literatura en portugués, na cidade do Porto, no norte de Portugal, país que dixo amar profundamente e onde afirma posuír antigas raíces familiares. O acto solemne contou coa presenza dos entón presidentes do Brasil e Portugal, Luiz Inácio Lula da Silva e Jorge Sampaio, respectivamente, onde Lula agradeceu a contribución da escritora á cultura brasileira e á lingua portuguesa a través dunha linguaxe que definiu como "iluminada".
En 2016, máis de 30 anos despois da última indicación brasileira, a escritora tornouse a primeira muller brasileira en ser indicada ao premio Nobel de Literatura.
A obra lygiana conta con catro novelas, 20 libros de contos, algunhas crónicas, participacións en antoloxías e colectáneas.[17] Con publicacións de éxito no exterior, tivo os seus libros lanzados en diversos países: Portugal, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Holanda, Suecia, España e República Checa, entre outros, con obras adaptadas para a televisión, teatro e cinema. Nunha publicación, o Huffpost Brasil citou os libros As Meninas, Ciranda de Pedra, Verão no Aquário, Antes do Baile Verde e A Disciplina do Amo como as obras que mostran que Lygia é unha icona literaria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.