futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis de Carlos Ortiz, nado en Madrid o 16 de marzo de 1907 e finado na mesma cidade o 27 de maio de 1994, foi un dirixente deportivo que ocupou o cargo de presidente do Real Madrid entre 1978 e 1985.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1907 Madrid, España |
Morte | 27 de maio de 1994 (87 anos) Madrid, España |
12º Presidente do Real Madrid | |
setembro de 1978 – 24 de maio de 1985 | |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Deporte | fútbol |
Socio do Real Madrid desde 1942 e directivo desde 1957, en 1978 substituíu o seu mentor e amigo Santiago Bernabéu tralo seu falecemento, e despois da renuncia ao cargo do vicepresidente Raimundo Saporta, a quen todos sinalaban como sucesor.[1]
Durante o seu mandato pasaron polo banco do equipo Vujadin Boškov, Luis Molowny, Alfredo Di Stéfano e Amancio Amaro e o club gañou dúas ligas, dúas Copas do Rei e unha Copa da UEFA.[2][3] Tamén baixo a súa presidencia levouse a cabo unha importante remodelación do estadio Santiago Bernabéu para ser sede do Mundial de 1982, do que acolleu varios encontros, entre eles a final.
Trala conquista da Copa da UEFA en 1985, decidiu retirarse e convocou novas eleccións. Foi sucedido por Ramón Mendoza, ao que De Carlos derrotara de forma contundente nas eleccións de 1982.
Recibiu a insignia de ouro do FC Barcelona.[4] Durante o primeiro mandato de Florentino Pérez, o Real Madrid creou un foro de opinión co seu nome, o "Foro Luis De Carlos".[5]
Casado con María de la Concepción Grau, tivo tres fillos, José Manuel, Jaime e Alfonso. Alfonso foi o único dos seus fillos que se vencellou ao fútbol, pois foi directivo e presidente do Viveiro CF[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.