político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Luís Álvarez Angueira, nado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1962, é un político galego do BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1962 (62 anos) Pontecesures, España |
Alcalde de Pontecesures | |
2011 – 2015 ← María Isabel Castro Barreiro – Cecilia Tarela → | |
Alcalde de Pontecesures | |
1999 – 2007 ← Victoriano Trenco Romay – María Isabel Castro Barreiro → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Pontecesures |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario, remeiro |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Remeiro e profesor de Filosofía no instituto de Noia. Encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures nas eleccións municipais de 1991 e logrou 2 concelleiros. Nas municipais de 1995 volveu lograr 2 concelleiros e apoiou a elección do candidato de Independentes por Pontecesures Victoriano Trenco Romay para arrebatarlle a alcaldía ó PPdeG, se ben non formou parte do goberno e o alcalde rematou integrándose no PPdeG ao ano seguinte.
Nas eleccións municipais de 1999 logrou de novo 2 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de ACP e PSdeG-PSOE, gobernando en coalición con estas formacións. Nas municipais de 2003 subeu a 4 concelleiros e foi a forza máis votada, polo que repetiu como alcalde cos mesmos apoios, pero gobernando nun principio tan só coa ACP en minoría, dado que o concelleiro socialista non quixo volver formar parte do goberno. En outubro de 2004 integrou no goberno á concelleira de Independentes por Pontecesures Maribel Castro Barreiro, polo que volveu a gobernar en maioría. Porén, en febreiro de 2006 o concelleiro da ACP Luís Ángel Sabariz foi expulsado do goberno, polo que volveu gobernar en minoría, chegando incluso a estudarse unha moción de censura encabezada polo único concelleiro do PSdeG, se ben foi abortada por parte da dirección socialista.
Nas municipais de 2007 volveu a sela forza máis votada e subeu a 5 concelleiros, a un da maioría absoluta, se ben perdeu a alcaldía ó apoiar os concelleiros do PPdeG e do PSdeG á única concelleira de IP Maribel Castro Barreiro[1]. Nas municipais de 2011 logrou de novo a vitoria ao lograr 4 concelleiros, recuperando a alcaldía tras firmar un pacto de goberno cos concelleiros do PSdeG e Terra Galega.[2] En setembro de 2014 anunciou que non volvería encabezar a candidatura do BNG,[3] polo que cesou como alcalde tralas municipais de 2015. En 2017 foi denunciado por agresión sexual pola súa sobriña, e concelleira do BNG en Rianxo, Hadriana Ordóñez Otero.[4][5][6]
Predecesor: Victoriano Trenco Romay |
Alcalde de Pontecesures 1999 - 2007 |
Sucesor: Maribel Castro Barreiro |
Predecesor: Maribel Castro Barreiro |
Alcalde de Pontecesures 2011 - 2015 |
Sucesor: Cecilia Tarela Barreiro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.