filme de 1963 dirixido por Francisco Rovira Beleta From Wikipedia, the free encyclopedia
Los Tarantos é un filme español de 1963 dirixido por Francisco Rovira Beleta. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 36ª edición dos premios.[1]
Los Tarantos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los Tarantos |
Director | Francisco Rovira Beleta |
Guión | Francisco Rovira Beleta Alfredo Mañas |
Intérpretes | Antonio Gades Carmen Amaya |
Música | Andrés Batista Fernando García Morcillo Emilio Pujol José Solá |
Fotografía | Massimo Dallamano |
Montaxe | Emilio Rodríguez |
Estrea | 5 de novembro de 1963 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama musical |
Na rede | |
O filme baséase na obra La historia de los Tarantos escrita por Alfredo Mañas, e está inspirado en Romeo e Xulieta de William Shakespeare.
Los Tarantos é unha transposición da traxedia de amor frustrado de Romeo e Xulieta (ou da lorquiana Bodas de Sangre) a dúas familias xitanas rivais: os Tarantos e os Zorongos, ambientada na periferia chabolista da Barcelona do franquismo, na barriada de xitanos e pescadores de Somorrostro.[2] Boa parte das escenas, rodadas en localizacións xenuínas (alí nacera a propia Carmen Amaya), poden considerarse case cinema documental ou similares ao cinéma vérité francés ou ao neorrealismo italiano; porén, as escenas musicais de puro flamenco e danza española, emparéntana co cinema musical, e as convencións da lectura entre liñas á que o público da época estaba afeite pola censura, co cinema de denuncia ou o cinema social.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.