mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Lois Pérez Castrillo, nado en Vigo en 1961, é un político galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
1999 – 2003 ← Manuel Pérez Álvarez – Ventura Pérez Mariño → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Estudou Maxisterio na Escola de Maxisterio de Vigo. Afiliouse ao BNG en 1986. Foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1991 e nomeado concelleiro de Participación Cidadá no goberno de coalición do socialista Carlos González Príncipe, etapa na que se elaborou o Regulamento de Participación Cidadá.[1]
En 1999 foi elixido alcalde cos votos a favor do BNG (8) e PSdeG (7). Nesa época tivo moitas discusións co portavoz socialista, Carlos Príncipe. Nas eleccións municipais de 2003 o BNG acadou 7 concellarías e o socialista Ventura Pérez Mariño foi elixido como alcalde. Lois Castrillo abandonou a política municipal en 2005. Durante o goberno bipartito (2005-2009) ocupou cargos na Xunta, como a xerencia do Consorcio de Benestar. Foi tamén titular dunha consultoría privada.[2]
Entre 2021 e 2023 traballou na Vicepresidencia da Deputación de Pontevedra como persoal eventual de libre designación, de Asesor de Proxectos Europeos Tranfronteirizos.[3] A partir de 2023 foi tamén responsable da área municipal do BNG[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.