Logo de Google

logotipo empresarial From Wikipedia, the free encyclopedia

Logo de Google

O logo de Google é un deseño creativo que forma parte da imaxe corporativa da empresa Google. Para celebrar eventos especiais, Google troca o logo tradicional por un alusivo ó evento, o que recibe o nome de doodle.[1]

Thumb
Logotipo de Google, lanzado o 1 de setembro de 2015.

Nos comezos de Google, Sergey Brin, fundador de Google xunto con Larry Page, crearon unha versión do logotipo coa axuda do programa de retoque fotográfico GIMP. O signo de exclamación colocado ó final do logotipo lembra ó de Yahoo!.

Google Doodle

O primeiro Google Doodle que apareceu na páxina principal do motor de busca foi Burning Man o 30 de agosto de 1998. Os logotipos posteriores de Google foron deseñados polo deseñador gráfico Dennis Hwang, quen foi contratado por Larry Page e Sergey Brin para deseñar un logotipo que representase o Día da Bastilla.

Algúns logotipos de Google deseñáronse para conmemorar os nacementos e mortes de persoas famosas, como Isaac Albéniz, John Lennon, Andy Warhol, Albert Einstein, Leonardo da Vinci, Rabindranath Tagore, Louis Braille, Percival Lowell, Nikola Tesla, Enrique Granados, Béla Bartók, René Magritte, Michael Jackson, Freddie Mercury, Akira Kurosawa, H. G. Wells, Charlie Chaplin...

O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, que conmemoraba o 178 aniversario do seu nacemento.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.