Lofoforados
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os lofoforados ou Lophophorata son un conxunto de filos que posúen unhas características comúns o cal no pasado serviu para configurar unha ampla categoría taxonómica pero que actualmente os zoólogos considérano cando menos un grupo controvertido xa que inclúe a animais que aínda que teñen características semellantes tamén teñen diferenzas notables. Os filos tipicamente lofoforados son os briozoos (ou ectoproctos), os braquiópodos e os foronídeos.
Lophophorata | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lingula anatina | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Filos | |||||||
Posición sistemática
O lugar que ocupan os lofoforados dentro do esquema do reino animal esta sendo debatido na actualidade, non habendo acordo entre os distintos investigadores. Para algúns autores, como Hickman,[1] son protóstomos, mentres que outros, como Brusca,[2] os consideran deuteróstomos; incluso hai investigadores que os consideran en certo modo intermedios entre protóstomos e deuteróstomos.[3]
Características comúns
Os lofoforados teñen as seguintes características comúns:
- A posesión dun órgano tentaculado, o lofóforo (de lophos, crista, e phoreus, posuidor), que utilizan para capturar o alimento e como órgano respiratorio, que rodea a boca pero non o ano; conteñen unha prolongación do celoma, e as delgadas paredes con cilios dos tentáculos non son só un eficaz sistema de alimentación, senón que tamén funcionan como superficie respiratoria para o intercambio de gases entre a auga e o líquido celomático.
- O celoma se forma por enterocelia.
- A boca do adulto non deriva do blastóporo embrionario (excepto en foronídeos).
- Unha organización trímera, é dicir, o corpo dividido en tres rexións, prosoma, mesosoma e metasoma, cada unha cunha cavidade celomática independente e xeralmente par, procele, mesocele e metacele, respectivamente.
- Tubo dixestivo en forma de "U".
- Teñen segmentación total e radial dos ovos e carecen de cabeza.
- Desenvólvense a partir de larvas asimilables a unha dipléurula dos equinodermos (ou a unha trocófora dos poliquetos, segundo os autores).
- Cada grupo dos lofoforianos en desenvolvido unha cuberta protectora de forma independente: os foronoideos forman tubos, os briozoos forman a cuberta do zoecio e os braquiópodos segregan unha cuncha bivalva.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.