O Cantabria Baloncesto, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español da cidade de Torrelavega, Cantabria, aínda que nos seus últimos catro anos xogou en Santander. Foi fundado en 1975, deixando de existir en xullo de 2009 cando o club emitiu un comunicado oficial dicindo que non sairía a competir o non dispoñer dun "orzamento digno". Durante cinco temporadas competiu na Liga ACB cos comes de Caja Cantabria e Cantabria Lobos.
Cantabria Baloncesto | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1975 |
Desaparición | 2009 |
Cores | Vermello, negro |
Localización | |
Cidade | Torrelavega (1975−2004) Santander (2004−2009) |
Pavillón | Palacio de Deportes de Santander |
Capacidade | 6 000 |
Inauguración | 31 de maio de 2003 |
Campionatos | |
C. Príncipe | 1 (1997) |
Historia
Fúndase en 1975 en Torrelavega co nome de "Sociedad de Amigos del Baloncesto". Tras varios anos por categorías rexionais, na tempada 1992-93 logra o ascenso á liga EBA. Tras tres temporadas, na 1996−97 ascende á Liga LEB. No primeiro ano nesta categoría logra o ascenso á Liga ACB onde permaneceu cinco tempadas de 1997 a 2002 grazas á transformación en Sociedade Anónima Deportiva, á sponsorización do xornal Alerta, o seu principal patrocinador, e aos de socios que acudían ao Pavillón Vicente Trueba.
En 2002 descende de novo á LEB. En 2004 o equipo trasládase de Torrelavega a Santander, ante o descontento dos afeccionados torrelaveguenses. Na capital cántabra o equipo empezou a xogar no Palacio de Deportes de Santander. En 2007 foi campión da liga regular, subcampión da Copa Príncipe de Asturias e conseguiu varios cheos no Palacio de Deportes, aumentando o apoio da cidade e da rexión ao proxecto dos Lobos.
Ao ano seguinte, na temporada 2007−08, a directiva realizou grandes fichaxes de homes con nome na LEB, pero diversas circunstancias tanto deportivas como extradeportivas deron lugar a que o obxectivo de loitar polas primeiras prazas convertésese en non descender. Tres vitorias consecutivas ao final da tempada deron lugar a que a Alerta Cantabria Lobos alcanzase a permanencia deportiva na LEB Ouro. O 4 de xullo de 2008 faise público un comunicado no que os directivos anuncian a desaparición do club cántabro.[1] No entanto, a Federación Española de Baloncesto FEB admitiu ao equipo cántabro na terceira categoría nacional, a LEB Bronce, tras vender a súa praza na LEB Ouro ao Club Ourense Baloncesto. En abril dese mesmo ano confírmase o seu ascenso matemático a LEB Prata. Porén, no mes de xullo, o club cántabro anuncia a través dun comunicado oficial que non sairá a competir debido a non ter un orzamento digno.
Patrocinios
O club adoptou diversos nomes ao longo da súa historia:
- Caja Cantabria (1992–1998)
- Lobos Caja Cantabria (1998–1999)
- Cantabria Lobos (1999–2002)
- Los Lobos (2002–2003)
- Alerta Cantabria Lobos (2003–2004)
- Alerta Cantabria (2004–2009)
Xogadores
Destacados
- Santi Abad
- Paco Aurioles
- Manel Bosch
- Miguel Ángel Cabral
- Iván Corrales
- José Luis Galilea
- Alex Gómez
- Ricardo González
- Jordi Grimau
- Jesús Lázaro
- Alberto Miguel
- Dani Pérez
- Guillermo Rejón
- Joaquín Ruiz Lorente
- Álex Urtasun
- Josh Asselin
- Mike Brown
- Jackie Espinosa
- Bob Harstad
- Marc Jackson
- Jason Klein
- Dyron Nix
- Lewis Sims
- Bill Varner
- Trevor Wilson
- Howard Wood
- Jason Klein
- Mario Boni
- Saša Radunović
- Betinho
Adestradores
A seguinte é unha lista dos adestradores do Cantabria Baloncesto na ACB.
- Quino Salvo (1997–2000)
- Daniel Angel García (2000–2002)
- Moncho Monsalve (2002–2003)
Palmarés
- Campións (1): 1997
- Subcampións (1): 2007
- Campións (1): 2009
- Campións (1): 2009
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1992–93 | 2 | 1ª División | 15º | 21–15 | ||||||
1993–94 | 2 | 1ª División | 18º | 4–26 | ||||||
1994–95 | 2 | EBA | 5º | 21–15 | ||||||
1995–96 | 2 | EBA | 3º | 23–7 | ||||||
1996–97 | 2 | LEB | 2º | 25–13 | Copa Príncipe | 1º | ||||
1997–98 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
1998–99 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | ||||||
1999–00 | 1 | ACB | 14º | 11–23 | ||||||
2000–01 | 1 | ACB | 16º | 10–24 | ||||||
2001–02 | 1 | ACB | 17º | 7–27 | ||||||
2002–03 | 2 | LEB | 7º | 18–17 | ||||||
2003–04 | 2 | LEB | 11º | 16–18 | ||||||
2004–05 | 2 | LEB | 13º | 14–20 | ||||||
2005–06 | 2 | LEB | 9º | 17–17 | ||||||
2006–07 | 2 | LEB | 5º | 24–14 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2007–08 | 2 | LEB Ouro | 15º | 12–22 | ||||||
2008–09 | 4 | LEB Bronce | 1º | 21–9 | Copa LEB Bronce | 1º |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.