composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A lipotropina é unha hormona polipeptídica orixinada polo corte do precursor proopiomelanocortina (POMC). A POMC prodúcese na adenohipófise ou pituitaria anterior, e sofre un corte proteolítico, formando a hormona adrenocorticotropa (ACTH), a γ-MSH e a β-lipotropina (β-LPH).
A β-lipotropina (LPH) é un polipéptido de 90 aminoácidos, que é o fragmento C-terminal da proopiomelanocortina.
Pode ser cortado en péptidos menores. Nos humanos os posibles fragmentos que pode orixinar son : γ-lipotropina, β-MSH, e β-endorfina.[1]
Estimula os melanocitos para que produzan melanina. A β-lipotropina tamén ten funcións mobilizadoras dos lípidos, como a lipólise e a esteroidoxénese [2].
A γ-lipotropina é o fragmento N-terminal da cadea peptídica da β-lipotropina. Nos humanos ten 56 aminácidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.