From Wikipedia, the free encyclopedia
Falar dunha lingua en perigo de extinción é referirse a aquelas linguas do mundo que son susceptibles de desaparecer por variadas causas, que poden clasificarse conforme ao seguinte esquema:
Acontece cando os usos e funcións dunha lingua van perdendo distribución nunha poboación a favor doutra. Isto é o que leva acontecendo os últimos séculos coa perda do galego fronte ó castelán, fenómeno coñecido coma diglosia no sentido co que se coñece este termo na sociolinguística das linguas minorizadas peninsulares (o seu senso orixinal partindo dos traballos de Joshua Fishmann é o mesmo que o que a Xunta de Galicia e Regueira[quen?] vén chamar Bilingüísmo harmónico, onde dúas linguas reparten os seus usos na poboación en distribución complementaria sen contextos de conflito). Este proceso pode avaliarse a nivel individual ou a nivel demográfico. Ó inverso do primeiro chámaselle lealdade lingüística, mentres que o segundo é o proceso substitutorio sensu stricto. Este fenómeno dáse normalmente nos casos nos que os falantes da lingua minorizada teñen certa consciencia de comunidade de falantes e existe certa lealdade lingüística;
Estes procesos poden deberse a dúas causas: naturais ou humanas. Un exemplo de causas naturais pode ser o tsunami acontecido no Índico a finais do 2004: xa que había linguas faladas por moi poucos habitantes (v. Demografía lingüística), os cales residían en zonas costeiras, unha catástrofe destas dimensións é quen de matar a tódolos falantes desas linguas. A outra causa, a humana, pode ser involuntaria ou non: mentres que os colonizadores ibéricos provocaron un verdadeiro masacre en América (fálase da desaparición de ata o 90% da poboación) debido ás enfermidades que exportaron ata alí, o caso da guerra dos Balcáns foi de verdadeiro xenocidio.
Prodúcese cando os falantes non lles aprenden a falar ás novas xeracións na lingua que se está extinguindo. Isto prodúcese adoito en combinación coa substitución lingüística enriba mencionada. Os casos máis coñecidos de extinción lingüística son os seguintes (por orde cronolóxica):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.