From Wikipedia, the free encyclopedia
Diglosia (que provén do grego δίγλωσσος, "de dúas linguas") é a distribución dunha ou máis variedades lingüísticas que, dentro dunha comunidade (linguas en contacto), por mor dunha desigual repartición de usos, cumpren unhas funcións distintas e empréganse en situacións e contextos diferentes.
O concepto desenvolveuno Charles Nine Ferguson no artigo Diglossia publicado na revista Word en 1959 para caracterizar dúas variedades dunha mesma lingua, na que unha, codificada, se emprega só nos ámbitos elevados e a outra, sen codificación, só nos ámbitos privados nunha situación estable no tempo[4]. Posteriormente o concepto evolucionou para cubrir situacións que implican dúas linguas e que poden mudar no tempo:
Tras reparar en que, a miúdo, os falantes dan en empregar unhas variedades lingüísticas ou outras segundo a situación en que se achen, Ferguson denominou diglosia á relación lingüística, ás veces conflitiva, que se establece entre esas variedades.
Fishman fai unha definición máis ampla nun estudo posterior, observa que a diglosia non equivale a bilingüismo e expresa que o termo pode referir as sociedades multilingües, aquelas que empregan unha lingua vernácula e outra clásica e mesmo a calquera sociedade na cal se empreguen dialectos ou variedades funcionalmente diferentes.
A diglosia pode ser de dous tipos:
Os estudos sobre a realidade lingüística galega coinciden en sinalar que a situación presente en Galiza é de diglosia sen bilingüismo de xeito que os ámbitos sociais de uso para cada unha das linguas son diferentes, pois emprégase o galego para as funcións de menor prestixio social (aínda que nalgúns ámbitos comparte usos co castelán, como nos referentes á administración autonómica), deixando o castelán para representar os usos formais (o mundo da xustiza, empresarial e medios de comunicación teñen unha presenza do castelán maioritaria e estábel), aquelas funcións máis cultas e de maior prestixio. Ademais tamén son diferentes os espazos xeográficos ó empregarse o galego no rural e nos alfoces das cidades, e o castelán nos núcleos das zonas urbanas. Por último, os interlocutores varían segundo o contexto requira un rexistro máis coloquial ou elevado entre unha lingua ou outra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.