Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua oficial en Francia é o francés, proveniente do franciano, variante lingüística falada na Illa de Francia que a comezos da Idade Media, e ó longo dos séculos, impúxose ó resto de linguas e variantes lingüísticas que se falan en calquera parte do territorio francés. Segundo o artigo nº 2 da constitución francesa, o francés é a única lingua de Francia.
A miúdo, esta imposición do francés foi froito de decisións políticas tomadas ó longo da historia, co obxectivo de crear un estado uniformado lingüisticamente. De feito, o artigo 2 da Constitución francesa de 1958 di textualmente que «La langue de la République est le français» (A lingua da República é o francés)[1]. Este feito fai que Francia sexa o único país da Europa Occidental (excluíndo os pequenos microestados) que recoñeza só unha única lingua. Porén, no país, incluíndo os seus territorios de ultramar, fálanse 77 linguas e variedades lingüísticas do francés. Até hai pouco, o estado francés e a escola promoveron a marxinación destas linguas. Na actualidade a situación mellorou relativamente, existindo algunhas escolas onde se poden aprender estas linguas[2]. Outras linguas, coma o portugués, italiano, árabe, castelán e outras linguas bérberes son faladas polos inmigrantes no país. Este artigo serviu para non permitir o emprego oficial nos eidos de uso cultos das linguas que se falan en Francia: o catalán, o bretón, o corso, o occitano, o franco-provenzal, o vasco e o alsaciano. Só se permitiu o ensino dalgunha destas linguas como segunda lingua estranxeira optativa na escola pública. A situación mudou un tanto o 22 de maio de 2008, cando mediante emenda se mudou o artigo 1 da Constitución engadíndose o texto as linguas rexionais pertencen ó patrimonio de Francia[3]. Porén a cámara do Senado francés botou pouco despois abaixo a consideración das linguas distintas do francés como parte do seu patrimonio[4].
Francia é un dos estados que non asinaron a Carta europea das linguas minoritarias[5]. Malia isto, hoxe en día, algunhas institucións privadas procuraron fomentar o uso destas linguas creando medios de comunicación, creando escolas primarias e secundarias para ensinar estas linguas ou convocando actos reivindicativos a favor dunha política lingüística alternativa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.