O zapoteco é unha macrolingua integrada por diferentes linguas zapotecas, faladas por un total de 777.000 persoas[2] en Oaxaca e outros lugares, que fai parte xunto co chatino dun grupo lingüístico que pertence ao tronco otomangue de linguas mesoamericanas, xunto coa lingua mixteca, mazateca e popoloca, entre outras. As linguas zapotecas empréganse principalmente nos estados de Oaxaca e na rexión suroeste de Veracruz, ao sur de México.

Datos rápidos Zapoteco Ditze, Dizá, Ditsá, Díidxa záa, Tiits Së ., Códigos de lingua ...
Zapoteco
Ditze[1], Dizá, Ditsá, Díidxa záa, Tiits Së .
Falado en: México
Rexións: Oaxaca, Puebla, Guerrero, suroeste de Veracruz.
Total de falantes: preto de 777.000
Familia: Linguas otomangueanas

  Otomangueano oriental
    Popoloca-Zapotecano
      Zapotecano

        Zapoteco
Regulado por: INALI
Códigos de lingua
ISO 639-1: (ningún)
ISO 639-2: zap
Mapa
Thumb
Status
Pechar

É unha lingua tonal. A orde da frase máis frecuente é Verbo Suxeito Obxecto (VSO).

Variantes

Baixo o nome de zapoteco atópanse un gran número de dialectos non sempre mutuamente intelixibles, o que significa que ditas variantes empezaron a diverxer do proto-zapoteco hai moitos séculos. Morris Swadesh estimou mediante análises estatísticas do léxico e a glotocronoloxía que o tempo de diversificación do zapoteco, propiamente dito, era de 14 séculos (comparable por exemplo ao tempo de diversificación do latín até dar nas linguas románicas actuais).[3][4][5] Segundo as mostraxes de intelixibilidade, publicadas polo SIL, o zapoteco estaría composto por 38 variantes ou linguas inintelixibles entre si.[6] Non obstante, a maioría de clasificacións deixan a un lado os criterios de intelixibilidade e consideran as características compartidas polas diversas variantes, reducindo o número a sete ou oito linguas. Belmar foi o primeiro en propoñer agrupar as variantes en tres grandes grupos: zapoteco setentrional, zapoteco central e zapoteco meridional, baixo criterios en parte lingüísticos e en parte xeográficos e históricos. O grupo norte incluiría as variedades faladas na zona montañosa ao norte da cidade de Oaxaca de Juárez, o grupo centro incluiría as variedades dos vales centrais e a rexión sur do istmo de Tehuantepec e o grupo meridional as variedades faladas desde a zona montañosa até o sur do estado de Oaxaca.

As primeiras clasificacións internas baseadas no método comparativo empezaron nos anos 1920 cos traballos de Jaime Angulo (1925), Paul Radin (1925), Angulo e Freeland (1933) e Swadesh (1949). Estas agrupacións subdividen os grupos de Belmar, asignando algunha variedade local ao grupo adxacente. O último intento de clasificación interna e o máis aceptado débese ao lingüista mexicano Jorge Suárez (1977), publicado polo INAH en 1990. Este estudo sobre a base estrita dos trazos fonolóxicos e léxicos compartidos rexeita a agrupación tripartita e propón seis agrupamentos estreitamente emparentados. O seguinte cadro amosa a evolución das diferentes variantes de zapoteco:[7]

Máis información Radin (1925), Angulo & Freeland (1933) ...
Radin
(1925)
Angulo & Freeland
(1933)
Swadesh
(1949)
J. Suárez
(1990)
Grupo A
1. Val
-
2. Tehuano
-
3. Miahuatlán
Grupo B
4. Serrano
5. Vijana (Villalta)
6. Nexitzo (Rincón)
Vals
1a. Mitla
1b.Zaachila
2. Tehuano
Meridional
3. Miahuatlán
Setentrional
4. Ixtlán (serrano)
5. Yalalag (Villalta)
-
-
1. Val
-
2. Tehuano
-
3. Miahuatlán
-
4. Serrano
5. Villalteco
6. Rincón
-
1. Val
-
2. Tehuano
-
3. Miahuatlán
-
4. Serrano
5. Villalteco
6. Rincón
Pechar

Swadesh e Suárez rexeitaron os grupos setentrional, central e meridional como unidades filoxenéticas válidas, pois non sinalan unha relación máis próxima senón que é unha clasificación puramente xeográfica e non sustentada desde o punto de vista lingüístico. Unha clasificación estándar das variantes ou linguas zapotecas, que combina os agrupamentos xeográficos xunto coas divisións lingüísticas demostradas, é a seguinte:

  • Variantes setentrionais (Serra Norte)
    • Variante de Ixtlán ou Zapoteco serrano
    • Variante de Rincón ou Nexitzo
    • Variante de Choapan[8]
    • Variante dos Cajonos (Zapoteco de Villalta, Villalteco ou Yalalag)
  • Variantes dos vales centrais e do Istmo
    • Vales centrais, con variantes en Mitla, Quiatoni, Zaachila etc.
    • Occidentais, Zapoteco do Istmo ou Zapoteco tehuano.
  • Variantes meridionais
    • Zapoteco do Sur con variantes en: Amatlán [zpo], Coatecas Altas [zca], Coatlán [zps], Lapaguía-Guivini [ztl], Loxicha [ztp], Miahuatlán [zam], Mixtepec [zpm], Ozolotepec [zao], S. Agustín Mixtepec [ztm], S. Baltazar Loxicha [zpx], S. Vicente Coatlán [zpt], Xanaguía/S. Francisco Ozolotepec [ztg].

As variantes da lingua do val de Oaxaca mostran un maior grao de intelixibilidade que as dos contrafortes montañosos do norte e do sur. Mais hai unha aguda diferenza entre o zapoteco de Tlacolula e o de Mitla, separados por uns poucos quilómetros, e ambos no val de Oaxaca. A intelixibilidade é do 40% e incluso máis baixa, salvo para Teotitlán del Valle. Esta baixa intelixibilidade pódese deber ao feito de que Mitla foi un centro urbano, así como posteriormente unha cidade estado.

A rexión setentrional divídese en dous grandes grupos que están separados por unha barreira xeográfica norte-sur. Na zona oriental os dialectos zapotecos teñen pouca intelixibilidade cos do norte do istmo e cos da costa do Pacífico ao longo do istmo de Tehuantepec. A rexión meridional ten un grupo grande norte-sur no centro flanqueado por un grupo dialectal a cada lado, talvez como resultado de migracións sucesivas.

Descrición lingüística

Parentesco con outras linguas

A lingua zapoteca é parte da familia zapotecana que incluiría ademais as linguas faladas no oeste da rexión zapoteca, o papabuco e o solteco (consideradas ás veces linguas zapotecas diverxentes, outras veces linguas zapotecanas pero non-zapotecas) ademais do chatino. As estimacións glotocronolóxicas para o tempo de diversificación a partir do proto-zapotecano é de 24 séculos.,[3] é dicir, arredor dun milenio máis que o tempo de diversificación do zapoteco propiamente dito. Fóra deste agrupamento, desde o século XIX recoñecéronse relacións entre o grupo zapotecano e o grupo mixteco, que formarían a rama oriental das linguas otomangueanas.

Fonoloxía

Todas as variantes de zapoteco son linguas tonais, sendo tipicamente o número de tons tres (alto, baixo, ascendente) existindo diferenzas entre as distintas variantes, chegando a ser no zapoteco serrano cinco (os anteriores, máis medio e descendente). O acento nas variedades nas que se describiu recae sempre na penúltima sílaba da raíz e a súa posición non se ve afectada polos procesos de afixación. Algunhas linguas zapotecas perderon a última sílaba non acentuada, polo que se podería dicir que o acento recae na última sílaba nestas linguas.

A maioría de variantes posúe polo menos seis vogais simples (pechadas: /i, i, u/, abertas: /e, a, o/) e frecuentemente o trazo de larinxización produce novos segmentos en contraste cos seis anteriores. O inventario consonántico varía lixeiramente dunha variante a outra, pero sempre encontraremos a oposición fortis-lenis característica de todas as linguas zapotecas. No seguinte cadro resúmense ditos inventarios:

Máis información labial, alveolar ...
labial alveolar palatal velar lab-vel uvular glotal
oclusiva p b t d k g (kʷ gʷ) ʔ
africada (ʦ ʣ) ʧ (ʤ)
fricativa s (z) ( ʃ ) ʒ x (ʁ ʁʷ)
nasal (m̥ m) (n̥) n
vibrante ɾ (r)
aproximante (l ̥) l (j) (w)
Pechar

O diacrítico inferior das sonorantes /m̥, n̥, l ̥/ indica que son xordas. Os fonemas entre parénteses só están presentes nalgunhas variedades do zapoteco.

A estrutura silábica difire dunhas linguas zapotecas a outras. Así, o zapoteco do Istmo non admite consoantes no final de palabra, polo que a sílaba final é sempre aberta. En troques, o zapoteco de Rincón admite varias consoantes nesa posición (/n, β, ʣ, tβ, d_, s, z, l, t/).

O sistema fonolóxico do proto-zapoteco foi reconstruído preliminarmente por Morris Swadesh[9] e posteriormente outros autores ampliaron ese traballo.[10][11] O inventario consonántico mínimo podería estar formado polos seguintes elementos:[12]

Máis información labial, alveolar ...
labial alveolar palatal velar lab-vel uvular glotal
obstruínte *p, *b *t, *d *k, *g *kʷ
africada *ť, *ď
fricativa *š, *ž
nasal *m *N, *n
aproximante *L, *l *y *w
Pechar

Onde o contraste entre fonemas dunha mesma cela non é de tipo xorda/sonora senón moi probablemente de tipo fortis/lenis (sendo /*L, *N/ as contrapartidas fortes das lenes /*l, *n/). Os fonemas /*ť, *ď/, propostos por Suárez,[10] poderían ser africados aínda que a súa natureza fonética exacta non pode reconstruírse, xa que tamén puideran corresponder a fricativas (Suárez emprega o signo /*/ para /*ť/ suxerindo que podería interpretarse como /*tθ/ ou /*ts/).

En canto ao inventario vocálico, se ben orixinalmente se reconstruíu un sistema maximal con cinco vogais breves /*i, *e, *a, *o, *u/ e cinco largas /*iˑ, *eˑ, *aˑ, *oˑ, *uˑ/, posteriormente Suárez propuxo que podería reducirse o anterior sistema a tres vogais pechadas /*i, *ɨ, *u/, tres abertas /*e, *a, *o/ e dúas vogais /*A, *O/ cunha articulación fonética que é incerta, aínda que polas súas correspondencias fonéticas co chatino poderían ser posiblemente *[ã], *[õ].

Morfoloxía

O seguinte cadro amosa os pronomes suxeito de diferentes variantes zapotecas. Pódese observar que no caso dos pronomes as variacións son puramente fonolóxicas, pero que todas as variantes presentan as mesmas categorías no pronome:

Máis información GLOSA, Choapa ...
GLOSAChoapaTeotitlánTexmelucanAtepecIstmoYateYagalloproto-
zapoteco[13]
1ª persoa
singular
-(g/w)aʔnaa, -aintenadaʔ, -aʔ-aʔ-aʔ-aʔ *naʔ
2ª persoa
singular
-loʔlui, -u-luʔleʔ -(l)oʔ *luʔ(i)
*nuʔ
3ª persoa singular
(persoa)
-bi(ʔ)laaŋ, -aŋlabi, biLeʔ, -(n)eʔbe-beʔ-biʔ *pi
3ª persoa singular
(animado)
-baʔlam, -mlaba, -baLeb -(ə)bme-baʔ-baʔ *ma(ni)
3ª persoa singular
(inanimado)
-na, -nlaiŋ, -iŋla, -naLen, -(ə)nni-n *ni
1ª persoa plural
inclusiva
-rotonouŋ, -uŋintuʔnetoʔ, -toʔnu-ʤoʔ-ruʔ *na
1ª persoa plural
exclusiva
-ndoʔriʔuchiʔo, -chodu-toʔ-tuʔ *tyiʔu
*ya
2ª persoa
plural
-lelui-tu, -tulebiʔ, -leleʔe, -letu-leʔ-luʔ *wa
3ª persoa
plural
-yaka+3laadaŋ, -daŋlaka+33+gaʔakka+3-gak+3(la)-gaka+3
Pechar

Sintaxe

En canto á sintaxe, a variante máis diverxente é novamente o zapoteco do Rincón, as outras variantes estudadas teñen unha orde básica VSO e non teñen concordancia de persoa co verbo. O zapoteco do Rincón ten a orde VOS, ademais de concordancia de suxeito e de obxecto no verbo.

M. Piper sinala que podería existir unha razón estrutural que relacionara a existencia de concordancia nesta variante coa orde básica VOS.

Léxico comparativo

A proximidade entre as linguas zapotecas e o chatino pode ser examinada comparando a forma dos numerais:

Máis información Variante, un ...
Variante  un   dous   tres   catro   cinco   seis   sete   oito   nove   dez 
Zapoteco setentrional (Xhon) to chope shone tape gayo' xope gaze xono' ga chi
Zapoteco do Istmo (Juchitán)[14] tobi tʃupa tʃonːa tapa gaʔjuʔ ʃoʔpaʔ gadʒe ʃono gaʔ tʃiʔ
Zapoteco de Mitla[15] teʰ, teʔb tjoʔp tʃonː taʰp gaiʔ ʃoʔp gaʰdz ʃuʰnː gaʔ tsuʔ
Zapoteco de San Pedro Quiatoni toʰb tʃop tsoʰn tap ʔj ʃo'p gaʰdz ʃuʰn gaʔ tʃiʔ
Zapoteco de Sierra de Juárez[16] tu, tubi tʃupá tsunːá tapa gàjuʔ ʂupá gatsì ʂunúʔ tsìʔ
Zapoteco de Zoogocho[17] to tʃop ʃonːe, jonːe tap, dap gajoʔ ʂop gaʒe ʂonoʔ ga ʃi
Chatino da zona alta[18] ska23 tukwa32 snã32 hakwa23 ki'yu32 skwa32 kati21 snũ23 kaa2 tii2
Proto-zapoteco[19][20] *tŭbí *t(y)úpá *čónná *tápá *gàʔ *šòʔ *gáčé *šónnúʔ *găʔ *čiʔ(i)
Proto-zapotecano[21] *tup- *tsna- *tap- *kaʔyu *spa *ka'ti *snu *kaʔ *tii
Pechar

Na lista anterior os acentos e os números como superíndices indican o ton.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.