From Wikipedia, the free encyclopedia
O itza’ (tamén coñecido como itza ou itzaj) é unha lingua que pertence á póla iucateca das linguas maias falada polo pobo itza’ preto do Lago Petén Itzá, na moderna Guatemala. A lingua está seriamente ameazada, con só 12 falantes fluídos e uns 60 falantes non fluídos.[2]
Itza’ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Itza, Itzaj | |
Falado en: | Guatemala | |
Rexións: | Petén | |
Total de falantes: | 12 (1986) | |
Familia: | Maia Iucateca Mopán-Itza Itza’ | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | itz
| |
Mapa | ||
Status | ||
O itza’ era a lingua da administración ó longo da península do Iucatán antes do ano 1697, cando o pobo itza’ controlaba a derradeira nación maia de Mesoamérica.[3] Durante este tempo, o pobo itza’ situou o seu fogar ancestral na rexión de Petén.[3] A subxugación da capital itza’ polos conquistadores españois obrigou ós itza’ a fuxir ou vivir entre os españois, trasladándose a San José, Guatemala, onde os falantes modernos viven no presente.
O pobo itza’ moderno é o derradeiro pobo maia das terras baixas quen de trazar a súa liñaxe até a era precolombiana.[4] A lingua itza' reflicte a súa historia na nomenclatura do mundo natural, xa que as verbas itza' que se refiren á agricultura e ás súas prácticas permaneceron sen cambios dende a primeira vez que foron rexistradas.[5] Ademais, o itza' posúe un rico vocabulario para as plantacións e os animais que recollen información específica sobre as diferentes variedades e individuos das especies.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.