O cúmbrico ou cámbrico era o idioma celta británico centrado en Cumbria no noroeste de Inglaterra e que se falaba a partir do sur de Escocia ata Greater Manchester, é dicir, a rexión á que os galeses chaman Y Gogledd Hen “O vello norte”.
Cúmbrico | ||
---|---|---|
Falado en: | Gran Bretaña | |
Rexións: | Sur de Escocia e norte de Inglaterra | |
Total de falantes: | séculos XI-XII | |
Familia: | Indoeuropea Linguas celtas Insular Cúmbrico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | cel | |
ISO 639-3: | xcb
| |
Mapa | ||
Status | ||
Características
Só a coñecemos por tres palabras inseridas nun texto latino: Leges inter Brettos et Scottos. Estas tres palabras son «galnys» inimizade de resultas dun homicidio ou ben a débeda de sangue debida a el, « mercheta» filla e «kelkyn» círculo, cuxos equivalentes en galés moderno son «galanas», «merch» e «cylch» (en bretón «merc'h» e «kelc'h», no caso das dúas últimas palabras). Tamén hai nomes propios na Vida de san Kentigern. Onde parece haber máis trazas desta lingua é na toponimia.
A zona onde se falaba situábase dunha e doutra banda do límite actual entre Escocia e Inglaterra, na parte occidental, nos reinos de Rheged, de Gododdin e do Strathclyde. Algúns din que os bardos Taliesin e Aneirin do século VI terían composto as súas obras nesta lingua. Segundo os textos que chegaron ata nós, non era moi diferente do galés antigo, lingua mellor coñecida. Tampouco diferiría demasiado da lingua bretoa falada nesta época.
Cúmbrico reconstruído
En 2009 Anthony Harrison publicou o libro The Dragon’s Voice, no que propuña unha forma de cúmbrico baseado segundo el no cúmbrico tardío[1]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.